viernes, 19 de diciembre de 2008

A CULTURA HORIZONTAL

Ese é o título dun artigo que pubrica hoxe o diario El País sobre as iniciativas culturais do Open Access no mundo dos libros.
Moitas cousa teñen pasado dende que a Public Library of Science fixera púbrica, no 2001, a súa iniciativa pola apertura da información científica na rede, ata que cheguemos a situacións nas que se pon en crítica o modelo social e económico, como no monográfico de Minerva adicado ao Coñocemento Libre. Ainda que xa a PLOS propoñía no 2001 o boicot ás revistas que non deixaran pubricar en acceso aberto os artigos, pasados seis meses da súa publicación en revista de pago.
Entre as cousas que pasaron ten sucedido que a Universidade da Coruña firmou a Declaración de Berlín sobre o libre acceso ao coñocemento nas ciencias.
A noticia do diario é ben importante para os libros galegos, temos xa unha editora que aposta polo movimento "copyleft". Esperemos que cunda este tipo de novidades; pero unha cousa non quita a outra, tamén fala El País noutro artigo dos mil millóns de descargas legais de música nos EEUU.

viernes, 5 de diciembre de 2008

EUROPEANA

O 20 de novembro inaugurouse Europeana, a Biblioteca Dixital Europea. Esta biblioteca, museo e arquivo permitirá acceder a uns 2 millóns de obxectos dixitais, incluso películas, fotos, pintura sons, mapas, manuscritos, libros, periódicos e documentos de arquivo.
Tal foi o éxito que tivo esta posta en marcha, que a este momento está cerrada, foi tal o número de visitas que recibiu, uns 10 millóns por hora, que se colapsou o sistema, e aínda non se sabe cando volverá a porse en marcha. Un proxecto ambicioso como moitos outros, que fracasou nada máis empezar, veremos que pasa nun futuro.