jueves, 30 de octubre de 2008

BUGALICIA ESTUDA A PRODUCIÓN CIENTÍFICA DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (BUGALICIA), realizou varios estudos sobre a produción científica das universidades galegas; para a súa elaboración empregou dúas das bases de datos máis relevantes na indización de publicacións científicas de todo o mundo, especializadas na análise de citación ou factor de impacto de milleiros de revistas, como son Thompson-ISI (ISI- Institute for Scientific Information) e SCOPUS de Elsevier.

Estes traballos son:
- Produción científica do SUG nas bases de datos do ISI (2002-2006).
- Produción científica do SUG. Informe 1º semestre 2008. THOMPSON.
- Produción científica do SUG. Informe 1º semestre 2008. SCOPUS.

Por último, tamén presenta unha Análise por áreas ANEP da produción científica do Sistema Universitario Español no Ranking Iberoamericano de Institucións de Investigación (RI3), 1990-2005, realizada pola UDC.
Neste ranking elaborado polo grupo Scimago, vemos os postos que ocupan as tres universidades galegas, así a Universidade de Santiago de Compostela aparece no 7º posto, a Universidade de Vigo no 28 mentras que a da Coruña se atopa no posto 48.

De todos estes informes obtemos que o 6,7% dos estudos científicos españois publicados en revistas de prestixio mundial son galegos, que entre os anos 2002-2006, os científicos realizaron 11.818 documentos dos seus descobrementos e un 76% (9.044) saíron das universidades, dos cales 1.380 pertencen á UDC.
A área de coñecemento máis prolífica e a Química da que se publicaron 2.800 estudos segundo amosa o ISI, ademais da Química as outras áreas nas que máis se investigou en Galicia foron Tecnoloxía química, Xeociencias e a Física e ciencias do espazo.
No caso da nosa universidade, o primeiro posto é ocupado tamén pola Química, con 391 documentos; seguida das Ciencias da Computación e da Tecnoloxía Informática, con 237; de Medicina con 194; Xeociencia, con 165 e Bioloxía- Molecular e Celular Xenética con 156 documentos.

lunes, 27 de octubre de 2008

SPRINGERLINK EN PROBA NA BUCD

Durante os vindeiros meses, ata o 15 de decembro, poderemos consultar a base de datos SpringerLink na BUDC.
Trátase da máis completa colección en liña de revistas, libros e obras de referencia no ámbito científico, tecnolóxico e médico. Está organizada en 12 coleccións temáticas, contén preto de 3 millóns de artigos e capítulos de libros distribuídos por temas.

Springer organiza toda esta información (revistas, libros e obras de referencia en formato electrónico)a través de bibliotecas en liña con coidadosos índices e fichas bibliográficas que abarcan 12 coleccións temáticas e dúas internacionais.
A colección de revistas en liña contén máis de 1250 títulos que conteñen máis de 2.8 millóns de documentos, a maioría dos títulos inclúen todos os número publicados desde 1997. Cada revista ten a súa propia páxina con toda a información relevante: obxetivos e alcance, nome do editor e dos responsables da revista, o índice, as condicións para a publicación dun artigo e outros títulos relacionados.
A colección de eBooks, con máis de 10.000 libros electrónicos en liña en 2006 e a incorporación de 3.000 títulos ao ano, é a primeira selección de libros preparada especialmente para respostar aos requisitos dos investigadores e científicos. Inclúe o acceso en liña a máis de 3.000 libros científicos, volúmenes de series de libros e obras de referencia con periodicidade anual.
As obras de eReference Works son versións en liña das obras de referencia de Springer, son grandes manuais e enciclopedias que, a miúdo, constan de múltiples volúmenes.
Por último, os eBook Series ofrecen as investigacións científicas máis actuais presentadas en tratados temáticos e accesibles a través do SpringerLink, estas series monográficas en formato electrónico ofrecen máis de 2500 volúmenes en 25 disciplinas científicas.

Para consultar esta base de datos soamente hai que acudir ao apartado de Recursos-e en Proba na páxina principal da Biblioteca da Universidade da Coruña.

martes, 21 de octubre de 2008

ISI PROCEEDINGS INTÉGRASE NO WEB OF SCIENCE

O pasado domingo 19 de outubro do 2008 realizouse unha actualización da Web of Knowledge, isto provocou a desaparición da base de datos ISI Proceedings que pasa a integrarse na Web of Science.

ISI PROCEEDINGS é un índice da documentación publicada dos simposios, conferencias, seminarios, coloquios, talleres e convencións máis relevantes nunha amplia variedade de disciplinas. As publicacións das que se nutre o índice son libros, publicacións periódicas, informes e series producidas por editores ou sociedades e conxuntos de borradores. A maioría dos documentos incluídos son artigos ou traballos presentados en reunións, ademais incorpora os resumos de reunións de máis de 740 publicacións.
Isi Proceedings contén máis de 3.5 millóns de rexistros de máis de 60.000 conferencias, agrega aproximadamente 260.000 rexistros por ano, máis do 66% provinte de actas e o 34% restante a partir de revistas.

Entre as vantaxes que atoparemos nesta modificación están combinar a cobertura das actas coa busca de referencias citadas, o que permitirá descobrir que actas son as máis influentes. Poderase ver a quen se cita nas conclusións das actas e revelarase o tipo de traballo que se fixo.
Coa integración das actas na Web of Science a capacidade de busca amplíase, isto permitirá:
- Buscar hacia atrás e hacia adiante para descobrir as influencias e os acontecementos posteriores basados nos procedementos de libros, así como publicacións científicas.
- Seguir a pista das actas máis influentes e o impacto de cada un dos documentos publicados.
- Descobrir onde presentan os seus documentos os principais investigadores nun determinado campo.
- Comprobar como inflúen os congresos nos traballos das disciplinas afines.

A cobertura seguirá estando dispoñible en dúas edicións: Ciencias e Ciencias Sociais e Humanidades e o acceso aos datos das actas de congresos amosaranse como as edicións do Web of Science, xunto co resto dos índices do Web of Science.

lunes, 20 de octubre de 2008

OXFORD ENGLISH DICTIONARY ONLINE

Xa contamos na nosa biblioteca do Oxford English Dictionary Online, este dicionario é moi coñecido e considerado como unha das máximas autoridades no idioma inglés.
É o maior dicionario de calquer lingua no mundo, recolle todos os usos, variantes, evolución, etimoloxía e pronunciación de máis de 600.000 palabras nos últimos 1500 anos.
Este recurso pódese consultar en diferentes seccións da nosa biblioteca: NOVEDADES, RECURSOS EN INTERNET- XERAIS-ENCICLOPEDIAS E DICIONARIOS, BIBLIOTECA DIXITAL-SUMARIOS ELECTRÓNICOS

martes, 14 de octubre de 2008

DÚAS NOVAS BASES DE DATOS EN PROBA

Desde hoxe ata o día 15 de decembro poderemos consultar na Biblioteca Dixital da UDC dúas novas bases de datos do Isi Web of Knowledge, BIOSIS PREVIEWS e ZOOLOGICAL RECORD foron xestionadas polo FEYCT para o seu acceso temporal, estas novas bases atópanse en Recursos en proba.

BIOSIS PREVIEWS: esta base de datos é unha fonte completa para a investigación das ciencias da vida e biomédicas desde publicacións, asembleas, libros e patentes. Contén índices de datos de máis de 18 millóns de rexistros desde 1969, e un fondo retrospectivo desde 1926. É actualizada semanalmente, agregándoselle os rexistros de casi 6.000 publicacións das ciencias da vida e patentes, libros, capítulos, asambleas, con máis de 500.000 rexistros engadidos anualmente. Inclúe un índice de estructura, con datos e termos taxonómicos, termos de enfermidades, números de rexistros CAS desde 1969, números de bancos de datos secuenciales e vocabulario controlado de conceptos principias desde 1969.

ZOOLOGICAL RECORD: cubre todos os aspectos da investigación animal moderna, desde a bioquímica ata a medicina veterinaria, como poden ser: o comportamento, biodiversidade, conservación, ecoloxía, evolución, xenética, hábitat, morfoloxía, parasintoloxía, fisioloxía, reproducción, taxonomía e zooxeografía.
Ofrece 72.000 novos artigos por ano seleccionados por biólogos experimentados, máis de 5.000 revistas especializadas publicadas en máis de 100 países, monografías, documentos e resumos de conferencias, etc. Contén un thesaurus con 6.000 termos controlados organizados por xerarquía e cun índice dos nomes dos novos organismos e os seus cambios.
Está dispoñible en formato electrónico desde 1978 e en formato impreso desde 1865.

viernes, 10 de octubre de 2008

FINANCIACIÓN E INVESTIGACIÓN NAS UNIVERSIDADES

Nos últimos días saíron distintas noticias na prensa e en blogs que trataban os temas da financiación e da investigación nas universidades españolas.
Estas noticias poñen de relieve a situación das universidades nos rankings mundiais, pero tamén podemos observar as diferenzas que hai duns a outros.

Na primeira noticia que lemos en El País, "La falta de competitividad de los centros superiores", vemos como nos rankings internacionais, da Universidade de Shangai ou Times Higher Education QS World University Ranking, a primeira universidade española que aparece é a Universidade de Barcelona, isto é debido á escasa producción científica que se fai nas nosas universidades, á opinión de especialistas internacionais sobre cada unha das universidades, a súa imaxe internacional ou a cantidade de premios nobel que hai entre o seu profesorado. Pero o problema non é só español, senón europeo, xa que entre as mellores 20 universidades do mundo soamente hai dúas europeas.
Noutro artigo, do mesmo diario, publicado por Carlos Pajares, "Financiación de la universidad", expón principalmente a financiación á investigación da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta universidade destinou casi un 30% do presuposto á actividade investigadora, sendo este un bo indicador da calidade da universidade, que a sitúa entre as cinco mellores españolas e ao nivel de boas universidades europeas. Outro indicador da calidade é o número de periodos de actividade investigadora evaluados e aprobados polo seu profesorado. Neste caso, sitúase nos primeiros postos das universidades españolas en canto a número de periodos aprobados por profesor, todos estes parámetros amosan que esta universidade é unha institución dinámica con equipos prestixiosos e competitivos.
Como vemos a financiación vai ligada á investigación, cantos máis cartos haxa para investir nas universidades maiores serán os traballos que se levarán a cabo, por eso non se entende como en algunhas comunidades, neste momento de crise, unha das primeiras institucións en sufrir recortes presupuestarios sexa a universidade.
Seguindo nesta línea, atopamos no blog "As corredorias da ciencia", un post donde se informa dun novo índice, publicado no último número da revista internacional Social Indicators Research, para avaliar cualitativamente as universidades públicas desenvolvido polos investigadores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da Universidade de Santiago de Compostela. Este novo índice ten cinco grandes áreas, docencia, investigación, servizos, movilidade internacional dos estudantes e posgrao; neste novo ranking a USC sitúase no quinto posto, no mentras que no ranking Iberoamericano de Instituciones de Investigación (RI3)referente á producción científica publicada nas bases de datos de Thomson- ISI entre os anos 1990 e 2005, aparece no sétimo posto.
Cada vez máis estes rankings teñen maior importancia para a visibilidade das universidades, a súa financiación e posterior reflectir na producción científica.