
A BUDC ven de ampliar a súa oferta de libros electrónicos en proba. A editorial Wiley-Blackwell permite o acceso durante este mes a casi 500 obras de referencia. Aínda non se sabe o impacto que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación exercerán sobre a edición de libros, un soporte potente e solvente para a transmisión da información, coñecementos e cultura durante siglos. Despois de anos de incertidumbre, confírmase que nin todo o futuro é para os novos soportes, nin todo o presente é para o impreso. Aínda que nestas últimas semanas, varios indicios apuntan ao fortalecemento do libro dixital. En España grandes centros comerciais fan unha campaña moi potente para os e-books; as editoriais españolas comenzan a traballar neste tema, mesmo en Galicia; e os congresos e conferencias está ao orden do día, tanto a nivel estatal como na nosa comunidade autónoma, no campo das bibliotecas e no campo das editoriais.
Mentras tanto, no Xapón triunfa a lectura nos teléfonos móviles.

