viernes, 29 de octubre de 2010

XORNADAS DO LIBRO ELECTRONICO NA BUDC


Acábanse de celebrar na Biblioteca da Facultade de Educación unhas xornadas sobre os libros dixitais. Nelas tivemos aproximacións desde todos os sectores a este novo fenómeno. Recibimos información na perspectiva dos autores, as bibliotecas públicas e universitarias, os editores, ou as empresas tecnolóxicas, grandes e pequenas. A conclusión que se pode sacar das xornadas é que temos ante nós un novo xeito de acercarnos á cultura, e que en concreto as bibliotecas dixitais supoñen un cambio no acceso ao coñecemento científico. Por contra, existe un problema cós lectores, dos que temos diversos e demasiados modelos, o que está ben analizado na Wikipedia.
Malia todo, o libro sigue avanzando, e xa temos parte do catálogo de Galaxia en formato dixital; ou un avance da última novela de Manuel Rivas en Alfaguara.

jueves, 21 de octubre de 2010

Xornadas: O libro electrónico, presente e futuro na biblioteca e no ensino.


Os días 25 e 26 de Outubro, a Biblioteca de Ciencias da Educación realiza una xuntanza ó redor do libro electrónico coa participación de diferentes entidades do ámbito académico, editorial e bibliotecario, galego e estatal. Compartirase actualidade e experiencias sobre aqueles aspectos que atinxen á integración desta emerxente realidade na educación reglada, no servizo prestado polas bibliotecas públicas e universitarias, así como nas iniciativas provintes do mundo empresarial. Falarase de tecnoloxías, dixitalización, de propiedade intelectual, préstamo, difusión científica, e redes sociais, entre outras problemáticas, todas elas xurdidas dun proceso de obrigada adaptación das instancias implicadas. Engádense ó relatorio de ponencias, un interesante obradoiro de edición electrónica a cargo de Meubook e una visita guiada á exposición de dispositivos electrónicos que os asistentes poderán probar.

jueves, 14 de octubre de 2010

NOVA LICENCIA DA WEB OF KNOWLEDGE


Dende o pasado mes de agosto unha nova licencia nacional subscrita polo Fecyt coa ISI Web of Knowledge e vixente ata o ano 2013 modifica o listado de bases de datos accesibles dende esta plataforma.

Permanecerán as máis utilizadas: Web of Science, Journal Citation Report e Essential Science Indicator e suprímense Current Content Connect, ISI Proceedings, Derwent Innovation Index e Medline aínda que destas últimas disporemos dos datos históricos ata o ano 2009.

Así e todo, as patentes de Derwent Innovation Index localizarémolas en Scifinder e a base de datos Medline será accesible pola plataforma OvidSP.