viernes, 29 de abril de 2011

INDUSTRIAS CULTURAIS


Os alumnos de 2º de Documentación da Facultade de Humanidades de Ferrol celebrarán a próxima semana unhas Xornadas: "Achegas aos creadores e ás industrias culturais". Os actos terán lugar os días 3 de maio, cando se nos falará do mundo de Rosália de Castro, e o día 4, donde o tema será as industrias culturais. As xornadas contarán coa presencia de intelectuais da cultura galega, como Pilar Garcia Negro, experta rosaliniana ou Victor Freixanes
Estades todos convidados.
Enhoraboa aos colaboradores: Coordinación: Ángela Chas Pérez, Alba Mª Estraviz Fernández, Ana Mª García Caneiro, Carmen González Picallo, Lucía Iglesias García, Alberto José Leira Rejas e María Manuela Maceiras Martínez.

viernes, 15 de abril de 2011

UNIVERSIDADE 2.0

O día 12 de maio vaise celebrar en Santiago de Compostela unha xornada sobre a Universidade 2.0, co título "En busca de la innovación educativa". Nela participan as tres universidades galegas e tamén as suas bibliotecas; o noso Grupo de Traballo de Formación de Usuarios vai impartir un taller sobre o uso da plataforma Moodle para a alfabetización informacional nas bibliotecas. Para asisitir a este taller contamos na biblioteca con invitacións, polo que pensamos que a participación do persoal da BUDC será boa. No encontro traballaráse cos distintos aspectos da nova web 2.0 no ámbito do ensino e da aprendizaxe, dende os contidos dixitais ata as diversas plataformas, cun especial interés nos materiais culturais, as bibliotecas e os dereitos de autor. Dende a Universidade de Sevilla virá a Nieves González, cuxo blog é moi recomendable; e de Vigo estará Daniel Martí, experto nas redes sociais; entre outros moitos especialistas

viernes, 8 de abril de 2011

CENTENARIO DE MADAME CURIE


A Biblioteca da Facultade de Ciencias ven de sumarse aos actos que conmemoran o Ano Internacional da Química no centenario do Nobel recibido por Madame Curie .
En honor á química e a súa importancia fixeron unha exposición na sala de lectura e tamén na rede; ademais darán unha notica semanal sobre os principais químicos da historia, que nos mostrarán na súa rede social.
Sobre a importancia de Marie Curie pouco podemos engadir, pero compre salientar que foi a primeira persoa en recibir dous permios Nobel e a primeira muller que impatiu aulas na Universidade de París. Como curiosidade poñemos un enlace a María Luz Morales Godoy, coruñesa exiliada que escribiu unha biografía da gran dama francesa.
E en relación á forza da química no noso mundo soio temos que decir que todo é química.