tag:blogger.com,1999:blog-1327908840090623020.post6555775429736664590..comments2023-07-26T11:59:27.130+02:00Comments on Servizo de Biblioteca da UDC: OS REPOSITORIOS DAS UNIVERSIDADES GALEGASInformación e Coordinaciónhttp://www.blogger.com/profile/10151195578634280109noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-1327908840090623020.post-38928096045502633732016-06-10T11:26:39.166+02:002016-06-10T11:26:39.166+02:00Os repositorios institucionais supuxeron un gran a...Os repositorios institucionais supuxeron un gran avance para a vsibilidade da produción científica. O da UDC lembro que foi creado dentro dun contrato programa da universidade por catro persoas, tres delas da nosa Biblioteca: Xaquín Lores, Carlota Balsa, Javier Uranga e Vicente Guerreiro. Foio o primeiro das universidades galegas e dos primeiros de España. Os nosos compañeiros, como moi poucos recursos e moito traballo conseguiron sacar adiante un proxecto naquel momento moi novedoso e descoñecido pola maioría do PDI. De feito, cando precisou apoio institucioanl para continuar o seu camiño non foi algo doado de conseguir, ata que xa había repositorios en moitas institucións e xa estaba clara a súa importancia. Na UDC durante moito tempo o PDI foi reacio a depositar os seus traballos, e aínda hoxe moitos investigadores o ven maís como unha ameaza que coma algo positivo, xa que existe un temor infundado cara a todo o que supón "acceso aberto", e iso tamén provocou que despois da súa creación e durante anos só apostaramos por el dende a Biblioteca. Quizáis o da Universidade de Vigo comece xa con forza, nuns tempos nos que esa visión arcaica de que todo o que está libre e gratuíto non trae nada bó, de qeu só pagando pola información conseguiremos artigos bos ou que se temos nun repositorio a nosa produción científica calquera os pode plaxiar. Con esto quero agradecer a Xaquín, Carlota, Vicente e Javier todo aquel traballo que poucas veces é recoñecido, e sen o cal tal vez hoxe non a UDC non tería sido pioneira, por traballar sempre cunha visión innovadora e de futuro, por ter vislumbrado nas tebras unha luz que hoxe é un novo camiño. Gustariame qeu cando se fale do RUC se lembre o seu traballo.Inma Dovalhttps://www.blogger.com/profile/11169808421432467836noreply@blogger.com