
As humanidades
dixitais (HD) pódense definir como o termo que designa ao campo
interdisciplinario que xurde da intersección entre as disciplinas humanísticas
e as tecnoloxías da información e comunicación. Aínda que nos seus comenzos as HD
foron unidas aos estudios lingüísticos e literarios, actualmente abarcan moitas
máis disciplinas, como a historia, a arte, etc.
Na nosa
universidade destacan varios proxectos neste ámbito das HD. O SIELAE (Seminario Interdisciplinar para el Estudio de la
Literatura Aurea Española), da Facultade de Filoloxía, e os seus recursos
asociados BIDISO (Biblioteca Digital Siglo de Oro) e a revista JANUS, Estudios sobre el Siglo
de Oro, constitúen un bo exemplo. En España tamén temos boas iniciativas, como ARACNE, Red de humanidades
digitales y letras hispánicas, que aglutina proxectos nacionais como a citada
BIDISO, e a Sociedade Internacional Humanidades Digitales
Hispánicas.
Entre as
bibliotecas nas que podemos profundizar nas humanidades da nosa comunidade
destacamos Galiciana,
a biblioteca dixital de Galicia, que ten como obxectivo a dixitalización dos
fondos bibliográficos máis relevantes para a nosa comunidade. A súa finalidade
é lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a
interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe
en día (Hispana e Europena). Integra, ademáis de fondos propios da Biblioteca
de Galicia, obras dixitalizadas en colaboración coas principais bibliotecas
patrimoniais galegas.
Outras
bibliotecas dixitais son a base de datos de Autores Galegos da BUSC, a Biblioteca Virtual Galega ou a Biblioteca Virtual da Literatura
Universal en Galego.
A Biblioteca
Municipal de Estudos Locais da Coruña tamén ten relevancia, xa que ten como
misión reunir, organizar, difundir e conservar todo tipo de información
relacionada coa Coruña e temas xerais de Galicia. Conta con fondos
dixitalizados sobre a historia de Galicia ou en particular da Coruña que van
dende o século XVII ao XIX, ademáis de obras de autores tan destacados para a
cultura galega como Manuel Murguía ou Valentín Lamas Carvajal. Pódese acceder a
eles a través desta sección de Galiciana.
Tamén os
repositorios das universidades galegas, o RUC
da UDC, Minerva
na USC e Investigo
na UVigo, como depositarios dos documentos creados na labor investigadora e
docente da comunidade universitaria, son exemplos de recursos que ofrecen
acceso aberto ás humanidades dixitais.
Para ampliar a
información sobre este tema podedes consultar o seguinte artigo: http://eprints.rclis.org/30933/
No hay comentarios:
Publicar un comentario