viernes, 25 de marzo de 2011

AS BIBLIOTECAS DIXITAIS


Os días 7, 8 e 9 de abril celebraráse na Biblioteca de Galicia un seminario sobre a importancia das bibliotecas dixitais neste final de século, na procura de Biblioteca Dixital Mundial.
Nas sesións contarase coa presencia de conocidos profesionais do ambito hispano, como Xavier Agenjo ou do autonomico, como Daniel Buján, que fai pouco nos falaba no diario El País dos grandes cambios que se aveciñan.
Tamén falaremos con expertos internacionais, dende Lisboa ata Australia.
A inscripción pode facerse dende hoxe nun formulario na web do seminario; e compre sinalar a visita guiada ás obras do Pórtico da Gloria.
Deseámoslle moito êxito á iniciativa, e que teña continuidade no ambito local, galego e internacional, como estase a facer con Galiciana.

viernes, 11 de marzo de 2011

SCOPUS


A suscripción á plataforma Scopus, asentada na editora Elsevier, foi renovada para as universidades galegas, despois de mais de un ano si acceso, e con moito interés por parte do PDI.
Como a plataforma ten tido moitos cambios nos últimos meses , persoal de empresa virá á UDC para impartir cursos de formación. Estos faránse o día 18 de marzo en horario de mañán e tarde e con sesións para PDI e para os bibliotecarios.
A demanda é importante e xa o primeiro día se curriron as 40 prazas ofertadas, polo que se ampliou o aforo a 60 persoas. Si fora necesario se buscaría un aula maior para dar acceso a todos os interesados.
SciVerse Scopus ofrece o acceso a máis de 18.000 publicacións científicas, técnicas, médicas e de ciencias sociais procedentes de 5.000 editores internacionais. Preséntase como a maior base de datos individual de resumos e citas xamais construída. Máis completa que calquera outra base de datos xa existente, ofrece un acceso interdisciplinar a máis de 36 millóns de rexistros dende o ano 1823, incluíndo referencias citadas dende o ano 1996 en diante. Actúa, polo tanto, como un sinxelo e único punto de acceso para os usuarios, ofrecendo a porta máis rápida de acceso ao texto completo dos artigos de investigación.

viernes, 4 de marzo de 2011

DA NECESIDADE DO CONTROL BIBLIOGRAFICO


A bibliografía ten sido sustutuída polas fontes de información; e os métodos bibliográficos están en desuso nestes tempos de información web. Aínda así, a ciencia dos libros pode ser importante no traballo da organización documental na web, en todas estas novas labores de ontoloxía e webs semánticas.
Na Facultade de Filología vaise a celebrar un sobre “Análisis y descripción material del libro impreso antiguo”, impartido pola profesora da Universidad Complutense de Madrid Mercedes Fernández Valladares. O curso servirá como complemento de formación para alumnos de doctorado, pero tamén para os bibliotecarios que o desexen.