Mostrando entradas con la etiqueta Buscadores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Buscadores. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de mayo de 2018

Buscadores xenéricos e académicos



En xeral, o termo buscador fai referencia aos distintos tipos de ferramentas informáticas que permiten ao usuario localizar información dispoñible en Internet. Na actualidade, Google é o buscador xenérico máis utilizado (máis do 90% das buscas realízanse a través deste motor de busca), aínda que isto non significa que sexa a única opción, xa que na rede hai numerosas alternativas. Entre os seus maiores competidores atópanse Bing ou Yahoo, pero tamén outros menos coñecidos para o público en xeral, dende os que priman a privacidade ata os que incluso doan parte dos seus beneficios a causas benéficas. Algúns exemplos coas súas correspondentes descricións pódense consultar no seguinte artigo.

Sen embargo, para realizar buscas especializadas (que xeralmente son a base da documentación dos traballos académicos a realizar na universidade), é máis interesante utilizar buscadores especializados, os denominados buscadores académicos ou científicos. Na web da biblioteca incluímos unha listaxe de buscadores que pretenden ser de axuda para estudantes, profesores ou investigadores para atopar contido en Internet procedente de fontes fiables. Entre eles, destacamos:

- BASE: Bielefeld Academic Search Engine: un dos buscadores máis completos do mundo, especialmente para os recursos web académicos de acceso aberto. Ofrece máis de 100 millóns de documentos de máis de 5.000 fontes. Pódese acceder aos textos completos de aproximadamente o 60% dos documentos indexados.
- CrossRef Metadata Search: permite buscar artigos específicos, obtener a dirección DOI asignada a cada un deles e acceder á páxina da editorial onde se atopa o texto completo.
- Google Académico: buscador especializado de Google que permite realizar buscas para localizar documentos académicos.
- Microsoft Academic: buscador académico de Microsoft que indexa millóns de publicacións académicas e ademais "mostra as relacións clave entre dous ou máis suxetos, contido e autores, destacando os vínculos críticos que axudan a definir a investigación científica"-
- RefSeek: buscador web académico, deseñado tanto para estudantes como investigadores, que ofrece nas súas buscas millóns de documentos, incluíndo páxinas web, libros, enciclopedias, revistas ou periódicos.
A listaxe completa pódese consultar na siguiente sección da web.

Tamén queremos salientar que nas últimas semanas están aparecendo novas ferramentas desta tipoloxía como Lens, buscador académico que permite recuperar patentes e publicacións científicas, ou 1findr, buscador de artigos e das súas versións en acceso aberto publicados en revistas científicas revisadas por pares, en tódolos campos de investigación e idiomas.
Para finalizar, e dende outro punto de vista, tamén de interese científico, temos a busca na web profunda (parte de Internet cuxa principal característica é que non hai un rastrexo por parte dos buscadores). Aínda que hai varias formas de acceder, a máis sinxela consiste en instalar o navegador TOR.

lunes, 12 de diciembre de 2016

Google Académico


Google Académico (ou Google Scholar) é un buscador de publicacións científicas enfocado no mundo académico e soportado por unha base de datos que almacena un amplo conxunto de traballos de investigación científica de diferentes disciplinas e formatos de publicación.
Apareceu en 2004, e pola súa exhaustividade e multidisciplinariedade,  poderíamos dicir que é o equivalente gratuíto á Web of Science e Scopus, e indiza moitos más artigos a non limitarse só ós dunha selección de revistas.

As súas características máis destacadas son:
-     Busca en diversas fontes dende un único sitio.
-     Atopa traballos académicos, artigos, autores, resumos e citas.
-    Localiza o documento a texto completo (se o hai) a través da túa biblioteca ou na rede. Os recursos electrónicos subscritos pola BUDC están dados de alta en Google Académico, polo tanto, se entre os resultados da procura hai algún cuxo texto completo se atopa nela, sairá unha mensaxe que o indicará, sempre que a busca se faga no dominio udc.es.
-     Grazas á posibilidade de crear alertas, mantén aos investigadores ao día.

Unha das súas funcionalidades a destacar son as análises de citas, a través das que se poden consultar as citas recibidas polos traballo dun autor. Para acceder a elas, os pasos serían:
  • Na opción 'Busca avanzada', combinar os diferentes termos de busca: autor, publicación, data, etc.
 
  • No caso de que o traballo teña citas, aparecerá a ligazón 'Citado por'.
  • Ó facer clic en 'Citado por', aparecen os artigos que citaron o traballo.
Unha  opción interesante nos resultados da busca é a de "Artigos relacionados", a través da que Google Académico presenta unha lista de artigos estreitamente relacionados, a cal se ordea polo similares que sean estos artigos ó resultado orixinal e tamén tendo en conta a relevancia de cada documento.
Como conclusión, destacamos como vantaxes deste buscador a súa utilidade para localizar documentos dispoñibles en acceso aberto en Internet, a inclusión de moita información de ámbito español, o seu gran alcance na rede ou a súa focalización no ámbito da documentación científica. Pola contra, algunha das súas debilidades poderían ser que o seu sistema de busca é demasiado simple ou a heteroxeneidade dos seus contidos.

lunes, 24 de mayo de 2010

Curso sobre Pórtico, o metabuscador do Sistema Universitario Galego






A Sección de Información e Coordinación, celebra un curso dirixido a todo o persoal da BUDC sobre as funcionalidades do metabuscador Pórtico e o resolvedor de enlaces SFX .

O curso terá unha duración de seis horas, das cales tres serán de traballo virtual. Esta formación servirá de base para que dende a Sección de Información, pero tamén dende as bibliotecas se poida traballar nos espazos de Moodle, dende o punto de vista da formación para os técnicos das bibliotecas.

Terán lugar o día 26 de maio, no Campus de Ferrol, na Aula de Informática da Facultade de Humanidades, e quenda de mañá de 10.00 a 13.00 h. ; e na Coruña o dia 27 de maio, na Aula 1 do CUFIE do Edificio Capdevielle e quendas de mañá de 10.00 a 13.00 ou de de 17.00 a 20.00 horas. Se fará tamén unha edición no Campus da Coruña o día 2 de xuño en quenda de mañá.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude a través do seguinte formulario da páxina web da UDC.

A Oficina de Cursos e Congresos expedirá un certificado co cómputo das horas cursadas.

martes, 13 de octubre de 2009

BUSCADOR DE ECONOMÍA E EMPRESA

Un equipo de profesores da Facultade de Ciencias Economicas e Empresariais, en colaboración có equipo da Biblioteca do Centro, crea unha plataforma educativa que pretende facilitar a busca de información sobre Economía e Empresa, tanto para alumnos como para calquer usuario interesado.
A Base de datos do BUSCADOR contén información relevante cun alcance limitado. Dita información pódese consultar por categorías ou introducindo unha palabra en búsqueda.
Os Descriptores pódense facer en español/galego e nas webs estranxeiras no idioma orixinal.