Mostrando entradas con la etiqueta Acceso aberto Web 2.0.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acceso aberto Web 2.0.. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de septiembre de 2016

Clasificación dos recursos na web da BUDC (I)


A biblioteca presenta unha selección de los recursos informativos da Web, agrupados na páxina Outros recursos por materias. Os materiais gratuítos ordénanse nela de acordo ao seguinte esquema clasificatorio, adaptado aos estudos presentes na UDC.

A clasificación desenvólvese en varios niveis:
  1. O primeiro, de seis grandes áreas:
    1. Lóxica, matemáticas e física
    2. Artes e humanidades
    3. Ciencias
    4. Ciencias da saúde
    5. Ciencias sociais e xurídicas
    6. Enxeñaría e arquitectura
  2. O segundo, que desagrega as áreas anteriores e emprega a denominación das carreiras da UDC:
    1. Humanidades
    2. Información e documentación
    3. Bioloxía
    4. Química
    5. ...
    6. Comunicación audiovisual
    7. Dereito
    8. Economía e empresa
    9. Enxeñaría industrial
  3. Algún de estes epígrafes subdivídese nun tercer nivel de disciplinas máis específicas. Por exemplo, Comunicación audiovisual en Cine, Deseño, Publicidade, etc.





Inclúese unha ligazón á listaxe de recursos xerais, ordenados por tipoloxía documental (mapas, boletíns oficiais, congresos científicos, dicionarios, normas, patentes, prensa, tese, etc.)

Péchase o esquema cos recursos derivados do movemento internacional de acceso aberto que, partindo dun ámbito limitado -a apertura do código fonte de software- deu lugar a un modelo consolidado de publicación que permite a dispoñibilidade gratuíta dos traballos de investigación para favorecer o desenvolvemento da ciencia. O acceso abierto pode alcanzarse mediante dúas vías: verde (repositorios: ArXiv, RUC) e dourada (revistas de acceso aberto)

Ese movemento continuou desenvolvéndose ata alcanzar o campo dos datos abiertos (open data): estes poden ser ben datos de investigación, que acompañados de publicación, revisión e metodoloxía abertas dan lugar a unha ciencia aberta. Ou ben datos da Administración, cuxa publicación transparente permite a participación cidadá no marco de iniciativas de goberno aberto.

viernes, 9 de octubre de 2015

O APOIO AOS INVESTIGADORES POLA BIBLIOTECA DA UDC (E IV)



Á hora de estruturar as plataformas 2.0 dispoñibles para o científico, cabe establecer unha serie de círculos concéntricos; os interiores ou nucleares soportan os exteriores e a cada un deles pode asignárselle unha función.  

O primeiro círculo agruparía os sistemas de identificación e perfil ORCID, ResearcherID, Google Scholar Citations, Dialnet ID e Scopus Author ID, que permiten a creación do perfil bibliográfico dixital, tal como se explicou no primeiro módulo do curso. Permite medir o impacto e obter unha listaxe completa da produción científica. Simplifica a elaboración de solicitudes de recoñecemento da actividade investigadora.

O segundo xiraría en torno ao acceso aberto e, no caso da UDC, tería o seu foco no RUC, o repositorio institucional da Universidade, composto por unha rede de comunidades (departamentos) e traballos identificados uniformemente. A ciencia 2.0 constrúese sobre o traballo colaborativo e en rede de científicos, facilitando unha difusión, visibilidade e comunicación máis sinxela, rápida e eficente dos datos, métodos e resultados da investigación. Na actualidade hai dende normas europeas e nacionais a, nalguns casos, políticas institucionais que establecen o deposito en aberto a investigación con financiamento público. O acceso aberto e o RUC foron obxecto de estudo a segunda semana do curso.
O desenvolvemento das tecnoloxías da web 2.0 tamén constitúe un factor relevante neste ámbito, do mesmo xeito que o papel xogado por Google Scholar e Dialnet. Xunto ao RUC aparecen as redes sociais científicas, que facilitan a comunicación entre investigadores. ResearchGate e Academia.edu son os exemplos máis destacados. Facilitan a publicación no perfil do investigador dos seus traballos non publicados en revistas de pago (artigos, datos de investigación, documentos de traballo,etc.) na rede (se non dispón de repositorio institucional) e a súa diseminación na comunidade. O número de usuarios destas redes sociais científicas é suficientemente grande para que teñan un valor significativo segundo a Lei de Metcalfe, que di que o valor da rede aumenta proporcionalmente ao cadrado do número de usuarios do sistema. O valor está no número de persoas, no número de traballos, e na visibilidade, repercusión ou impacto que facilitan. O investigador da UDC non necesita subir o texto completo dos seus artigos a estas redes; pode enlazalo ao RUC. As métricas web dos repositorios, as altmétricas e article-level metrics, permiten avaliar o interese. Tamén medidas como o RG Score ou as Academia.edu analytics.

O terceiro é aínda incipiente en España, pero xa esta cobrando forza en Reino Unido e Estados Unidos, países nos que se valoran como mérito as actividades de divulgación e contribución á sociedade (outreach, public engagement); ambos son elementos da Responsible research & innovation, acción clave do programa Horizon2020. No noso país hai algunhas cátedras dedicadas á comunicación e divulgación científica, pero os investigadores normalmente non dispoñen do tempo e dos recoñecementos suficientes para desenvolver habitualmente este tipo de actividade; é o investigador concreto o que optará por realizalas. Para iso dispón de redes xerais como Facebook ou Twitter, que é neste círculo onde atopan o seu campo de expansión, aínda que tamén poden complementar a ciencia 2.0. A conta de Facebook ou de Twitter creada para divulgación é diferente da que pretende a comunicación con outros científicos -Using Twitter in university research, teaching and impact activities. Ultimamente fálase de Research Gate como do “Facebook para científicos”; é máis adecuado, permite subir traballos, etc. Tamén entre esta esfera e a anterior están os blogs científicos: desde os que recollen o diario do traballo de investigación ou publican resumos técnicos dos seus últimos resultados (as revistas non permiten a publicación dos seus artigos en blogs), pasando polos intermedios que nalgúns casos se aloxan en portais de editoriais e noutros en redes de blogs  (o blog dun departamento ou a súa páxina web ou de Facebook normalmente son Ciencia 2.0), ata chegar aos blogs de divulgación, con noticias atractivas que esperten o interese do público -How should researchers talk about science to the public?-. Se incardinan dentro doutras actividades de divulgación: eventos, medios de comunicación xerais (revistas, televisión), exposicións, charlas. Da tarefa complicada de medir a influencia ou o interese nesta esfera ocúpanse por unha banda as altmétricas e por outra, aplicacións como Klout, Kred ou PeerIndex.

viernes, 1 de agosto de 2008

INNOVACIÓN EN INFORMACIÓN

Os vindeiros días 24 e 25 de setembro celebrarase na Universidade Politécnica de Valencia o 3 rd Internacional LIS-EPI Meeting “Innovación en Información.
Este encontro pretende aumentar a cooperación e o intercambio de coñecementos entre científicos españois e estranxeiros. Tamén intentará promocionar aos profesionais, investigadores e empresas que traballan nas áreas da comunicación científica e na xestión de contidos nas organizacións.
Os temas a tratar dividiranse en tres bloques, e a forma de difundilos será mediante experiencias e coñecementos propios e os workshops presentarán dende un punto de vista práctico as tendencias actuais en cada unha das seguintes áreas:

- As redes de científicos a través dos arquivos abertos
- Revistas científicas e web 2.0.
- Innovación aberta: contidos, formatos e plataformas.

Nesta ocasión ao grupo organizador inicial súmase o equipo da revista sobre biblioteconomía e documentación El Profesional de la Información e a Oficina de Innovación da Universitat Oberta de Catalunya.

Este tipo de actos poñen de manifesto a evolución e importancia que nos últimos tempos se lle da á difusión da información mediante o Open Access e aos avances que supón a web 2.0. coas redes sociales e o acceso aos documentos.