Mostrando entradas con la etiqueta RUC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RUC. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de enero de 2021

O repositorio da UDC cumpre 15 anos

Esta semana, concretamente o día 20, cumpríronse 15 anos da presentación oficial en 2006 do RUC, repositorio institucional da Universidade da Coruña. O repositorio foi creado dentro dun contrato programa da universidade por catro persoas, tres delas persoal bibliotecario da nosa universidade: Xaquín Lores, Carlota Balsa, Javier Uranga e Vicente Guerreiro, este último do Servizo de Informática e Comunicacións. Foi o primeiro das universidades galegas e dos primeiros de España.

Nese mesmo mes e ano a Universidade da Coruña tamén asinaba a adhesión institucional á Declaración de Berlín por proposta da Comisión da  Biblioteca Universitaria, apoiando así as novas posibilidades de difusión do coñecemento.

Ademais, cabe sinalar que coa obrigatoriedade do depósito en acceso aberto da investigación financiada con fondos públicos (a nivel europeo co programa Horizonte 2020 ou a nivel nacional coa Ley de la Ciencia, la Tecnología y la Innovación), os repositorios convertéronse nunha ferramenta fundamental para a difusión en aberto da produción científica.

Ao logo destes anos o RUC consolidouse como unha porta aberta aos recursos producidos polos membros da universidade no seu labor de investigación e docencia, tendo como obxectivo dar maior visibilidade a estas publicacións e asegurar a súa preservación e accesibilidade. Actualmente conta con máis de 22.000 documentos: 6.015 traballos de investigación (deles, 1.702 teses), 6.141 artigos e exemplares de revista editados pola universidade, 3.624 documentos de congresos e cursos da UDC, así como unha selección de traballos finais de grao e mestrado, entre outros.

O RUC estrutúrase en 5 grandes áreas:

  • Investigación: neste apartado recóllense os documentos producidos pola activade investigadora dos membros da comunidade universitaria: teses, artigos, etc.
  • Publicacións UDC: recolle revistas, libros, congresos e cursos editados pola UDC.
  • Coleccións especiais: atópase a Colección Francisco Pillado Mayor, de temática teatral e formada por  imáxenes  dixitalizadas  de  carteis  e  fotografías. 
  • Traballos académicos: traballos de fin de grao (TFG) e de fin de mestrado (TFM)   presentados polo alumnado da UDC e que foron seleccionados polas comisións académicas correspondentes.
  • Docencia: materiais para docencia e obxectos de aprendizaxe creados polo profesorado da universidade no seu labor docente. Esta comunidade tamén recolle documentos xerados nos cursos MOOC da UDC.

Tamén queremos sinalar unha novidade importante que se introduciu o ano pasado no que respecta ao depósito dos datos de investigación. En febreiro de 2020 creouse unha comunidade UDC en Zenodo (repositorio de datos que busca compartir os resultados da investigación froito do financiamento público tanto nun contexto nacional como internacional) para que o persoal investigador deposite aí os datos. O depósito en Zenodo é moi sinxelo e ofrece vantaxes importantes para os investigadores, como obter un DOI para o dataset ou unha gran capacidade de almacenamento.  Ao crear unha comunidade para a UDC tamén se está a ofrecer un punto único de consulta dos datos de investigación da nosa universidade.

Finalizamos esta publicación dando as grazas tanto aos creadores do RUC como ao persoal docente e investigador da UDC pola súa participación e colaboración, facendo posible a ciencia aberta.

viernes, 21 de septiembre de 2018

Teses, TFG e TFM na UDC


Neste novo post falaremos da normativa que rodea ás diferentes tipoloxías de traballos académicos e de investigación da UDC, ben sexan traballos fin de grao (TFG), traballos fin de mestrado (TFM) ou teses.
Comezaremos facendo unha distinción entre eles: os TFG e TFM teñen en común que son traballos realizados na fase final do plan de estudos  e ambos teñen o seguemento dun titor. A principal diferenza está no seu grao de especialización, xa que o TFM é máis específico e profundiza nun campo concreto dunha disciplina. A diferenza das teses, non requiren unha labor de investigación. Pola súa parte, as teses son documentos no que se expoñen os resultados científicos alcanzados polo autor no seu traballo de investigación e requiren un tempo de dedicación considerable.

No que respecta ás teses, todas as teses da UDC lidas a partir de febreiro de 2012,  seguindo a normativa legal, se arquivan e difunden no Repositorio Institucional  da UDC (RUC). Nesta data entrou en vigor o Real Decreto 99/2011, que no seu artigo 14.5 indica que “una vez aprobada la tesis doctoral, la universidad se ocupará de su archivo en formato electrónico abierto en un repositorio institucional”. Exceptúanse desta obrigatoriedade aquelas suxeitas a cláusulas de confidencialidade ou xeración de patentes.
No RUC tamén se recollen as teses anteriores a esta data lidas na UDC e que contan coa autorización dos autores para o acceso ao texto completo. Cabe sinalar que calquera doutor da UDC pode solicitar a inclusión da súa tese no RUC se aínda non figura nel. O único requisito é asinar unha autorización que se lle facilitará no Servizo de Biblioteca.

Polo tanto, na actualidade todas as teses de doutoramento da UDC, logo de ser aprobadas, son depositadas na Biblioteca Universitaria, tanto na súa versión en papel como na súa versión electrónica. A versión electrónica publícase no RUC e está por tanto en acceso aberto en Internet.
Actualmente o RUC conta con 1449 teses, das cales 173 corresponden ao ano 2017. Éstas poden consultarse no apartado de “Investigación” do RUC.
En canto á normativa da UDC para a presentación da teses, temos o documento “Recomendacións UDC para a presentación da tese de doutoramento”, que ten por obxecto indicar os requisitos mínimos de estilo e presentación que debe ter unha tese de doutoramento da UDC. Inclúe tamén normas de presentación da tese en formato electrónico para a súa publicación posterior no RUC.
A biblioteca tamén incorpora os datos das teses de doutoramento no seu catálogo, na base de datos Dialnet ou en Teseo, aínda que neste último caso trátase dunha base de datos que recolle información referencial (non a texto completo) sobre teses lidas en universidades españolas dende 1976.

No que respecta aos TFG e TFM, atópanse no RUC no apartado “Traballos académicos” e están organizados por titulacións. Inclúense aqueles que foron seleccionados para tal efecto polas comisións académicas correspondentes de cada titulación (normalmente os que superan unha determinada nota). Actualmente o RUC conta con 2619 TFG e 535 TFM. Do último ano (2017) constan 542 e 86 respectivamente.
A UDC conta tamén cunha normativa para a presentación destes traballos en versión dixital, que se pode consultar nas seguintes ligazóns:


Ademais, cada escola ou facultade ten aprobados regulamentos propios para a elaboración deste tipo de traballos, que podedes consultar nas súas respectivas páxinas web.

martes, 30 de mayo de 2017

O output da actividade científica da UDC: actualización 2017



Como en anos anteriores, actualizamos os datos relativos ó output da actividade científica da UDC. Constitúen o seu output os artigos, teses e outros traballos académicos, patentes, actas de congresos, libros e capítulos elaborados polo seu PDI; é dicir, a produción científica da universidade.

Os datos de 2016 foron extraídos da Web of Science e de Scopus entre o 26 e o 29 de maio de 2017. Non son comparables aos dos anos anteriores, xa que non recollen tódolos traballos publicados en 2016, dado o breve lapso de tempo transcurrido dende o fin de ano. Os datos dos anos entre 2011 e 2015 xa están consolidados polo paso de alomenos un ano. 

Antes de presentar os novos datos, é necesario puntualizar que existen certas variacións nos valores obtidos da Web of Science se realizamos a mesma busca a día de hoxe en comparación cun ano atrás. Isto é debido a corrección de filiacións institucionais que dende hai uns anos se realiza grazas á colaboración dos servizos da UDC coa Web of Science, incrementándose substancialmente o número de traballos que resultan da busca sobre un mesmo ano. Como mostra, a seguinte táboa comparativa na que se poden observar as diferenzas nos resultados da busca:

Comparativa dos datos extraídos da Web of Science en 2016 e 2017.
Ítems citables de publicacións periódicas (artigos, revisións, cartas e notas):






















Pasamos a continuación a mostrar os datos actualizados da producción científica da UDC segundo as bases de datos da Web of Science e Scopus.

Datos da produción científica da UDC

Ítems citables de publicacións periódicas (artigos, revisións, cartas e notas):
Datos extraídos da Web of Science
 
 















Publicacións en congresos
Datos extraídos da
Web of Science  










Publicacións segundo a base de datos Scopus:
Ítems citables de publicacións periódicas (artigos, revisións) 










 

Congresos 












Capítulos de libros 












 
Produción científica dixitalizada no RUC:
Deste apartado, especificamos en canto as teses, que dende 2011 é obrigatoria a publicación en acceso aberto das mesmas por Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro. En canto aos TFG/TFM, só se depositan algúns, aqueles que foron seleccionados para tal efecto polas comisións académicas correspondentes de cada titulación.  







Transferencia dos resultados da investigación:






Datos obtidos da Memoria de xestión 2015. Informe do reitor para o Claustro. (Apartado 06 Investigación e transferencia).

O output da UDC convértese no input de publicacións posteriores (como sinala o modelo económico input-output). Esta repercusión futura plásmase en citas; o paso de input a output é obxecto da análise de citas e outros métodos, que veremos na vindeira semana noutra nova entrada do blog.