Mostrando entradas con la etiqueta Web 2.0.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Web 2.0.. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de abril de 2016

PROS E CONTRAS DAS REDES SOCIAIS DE INVESTIGADORES. NOVOS TIPOS

Mapa parcial de Internet basado en la información obtenida del sitio opte.org el 15 de enero de 2005. Creative Commons Attribution 2.5 Generic license
Nunha entrada anterior do blog falabamos dos novos tipos de revistas en acceso aberto, xurdidas unha vez asentadas as rutas verde -repositorios- e dourada -xornais- do OA; dicíamos que ese novas modalidades viñan da man do cuestionamiento do modelo de negocio das revistas con pago por publicación (article-processing charges, APC), por unha serie de traballos, conferencias e iniciativas que estudan a transición da publicación académica cara o Open Access. E que aparecían así revistas como as overlay journals, xornais  superpostos que engaden valor mediante revisión por pares a artigos publicados en arXiv, revistas como RIO, que recollen todos os produtos da investigación, desde ideas a datos, resultados, etc.

Algo semellante pasa no ámbito da web 2.0 e das redes sociais. Tralo éxito de Facebook, Twitter e LinkedIn, surden as primeiras redes sociales de científicos (Academici, Academia.edu). Ao seguir o modelo de Facebook e as súas técnicas agresivas de venda de datos e de visitas as súas páxinas, comparten vantaxes e inconvenientes. Son vantaxes a gran facilidade para a comunicación entre  investigadores con intereses comúns, de completar un perfil bibliográfico, de crear grupos de traballo colaborativo, o incremento da visibilidade da produción científica. Representan beneficios para estas redes o aumento de usuarios e, sobre todo no caso de Research Gate, do número de artigos a texto completo (19 millóns). 

Críticas as dúas maiores redes socais de científicos:
  • Competencia aos repositorios institucionais:
    • Diminución do número de visitas nestes últimos
    • ResearchGate (RG) é un megarrepositorio, pero sen os controis bibliográficos dos institucionais 
    • Os artigos podense enlazar con DOIs, pero non con handles (salvo en Academia.edu); require que se suba o ficheiro
  • No traballo The End of an Era for Academia.edu and Other Academic Networks? estúdase a demanda por competencia desleal de Elsevier a Academia.edu para a retirada de moitos dos seus artigos
  • As que se reflicten en campañas como #DeleteAcademiaEdu
  • Invitacións automáticas a coautores: se un autor de un artigo o sube a RG, a rede envía automáticamente invitaciones aos coautores desde a conta do autor
  • Incoproración ao seu arquivo mediante descargas automáticas y masivas doutros traballos en acceso aberto dos seus usuarios rexistrados
Ler o artigo completo

viernes, 18 de diciembre de 2015

FERRAMENTAS 2.0 DE APOIO AO ESTUDO E Á DOCENCIA EN FIADOR E NA WEB DA BUDC



O desenvolvemento orixinal da WWW deu lugar nun principio a unha explosión de información, que os motores de busca de entón como Altavista non podían controlar. Para orientarse na rede era necesario acudir a directorios elaborados a man como Yahoo.

Tras a crise do Nasdaq (burbulla punto com), xurdiu a Web 2.0: das páxinas estáticas pasouse a outras máis dinámicas; da páxina persoal ao blog que permitía a participación e os comentarios dos lectores; dos taboleiros de anuncios ou do chat (IRC, ICQ, Messenger, etc.) as novas e cada vez máis grandes redes sociais. Google convértese no buscador dominante grazas aos seus algoritmos de busca que facilitan a recuperación da información; á parte ofrece moitas aplicacións e utilidades para os usuarios que complementan o servizo de busca (Google Académico, Mapas, Traductor, entre outros). Negocios como Amazon o eBay aproveitan o novo marco. O foco desprázase da información ao servizo, á colaboración co usuario e entre usuarios, como base máis sólida para para resistir futuras crises.

As primeiras utilidades web dos noventa deixaron paso as apps (pequenas aplicacións multiplataforma) e a ferramentas 2.0 que sacan partido da rede e permiten a interactividade e o emprego dos recursos da Web nas actividades sociais. E a educación é unha das máis importantes. Igual que no campo da saúde, do deporte ou da Administración, xorden neste eido aplicacións que fan uso das novas tecnoloxías e do aumento de dispositivos de todo tipo (smartphones, tablets) para axudar nas actividades cotiás de profesores e alumnos: organización en axendas, xestión e edición de imaxes e información multimedia, aprendizaxe gratuíta en liña, marcadores sociais, editores de blogs, wikis, textos e presentacións, computación na nube que permite o traballo colaborativo, xestores bibliográficos en liña, gamificación, creación de cuestionarios e enquisas, uso do móbil na aula, etc.

Vimos de engadir dúas novas listas a colección de guías temáticas en Fiador e no sitio web da Biblioteca da UDC cunha selección de ferramentas 2.0 de utilidade ao estudo e á docencia: