Mostrando entradas con la etiqueta Universidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Universidades. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de febrero de 2024

Informe IUNE 2023




O pasado verán publicouse o Informe 2023 do Observatorio IUNE, que ten como obxectivo a análise global da actividade científica e investigadora das universidades, tanto públicas como privadas, do Sistema Universitario Español no período 2012-2022.

Unha das partes máis interesantes do informe son os indicadores relativos á actividade investigadora das universidades, que se distribúen en cinco grandes grupos: produtividade, colaboración (nacional e internacional), impacto da investigación (citas recibidas e documentos non citados), visibilidade (porcentaxe de publicacións no primeiro cuartil e nas 3 primeiras revistas de cada disciplina) e acceso aberto. Para a súa elaboración, úsase como fonte de información a plataforma Web of Science e os seus principais índices de citas.

Como cada ano, extraemos do informe os datos relativos á actividade investigadora da UDC ao longo do período analizado, que presentamos nas seguintes táboas de elaboración propia.




Vemos un aumento significativo na década que abrangue o informe dos indicadores relativos as publicacións por profesor, a colaboración internacional e as publicacións en acceso aberto.  

A continuación mostramos a evolución da posición da UDC no ranking nas distintas categorías respecto ao informe de 2022, en negriña destacamos os campos nos que a universidade mellorou a súa posición e en vermello aqueles nos que a empeorou.



Mellora o seu posto en aspectos como as citas por profesor, colaboracións internacionais, o número de publicacións no primeiro cuartil, e o número de publicacións editadas en revistas situadas no top 3 das distintas categorías dos citation index de WoS (en termos relativos); neste último eido a UDC destaca situándose na sétima posición. Porén, empeora lixeiramente a súa posición nos indicadores de publicacións por profesor e na colaboración a nivel nacional.

Desde a edición de 2022, o informe incorpora indicadores da actividade investigadora emerxente, con información extraída do Emerging Sources Citation Index de Web of Science. Mostramos nunha táboa os datos relativos á nosa universidade.


Respecto ao informe do ano pasado, a UDC mellora lixeiramente a súa posición en catro dos cinco indicadores de actividade científica emerxente, como se pode ver na seguinte táboa.


Podedes consultar o informe completo nesta web, onde teredes a posibilidade de ampliar a información relativa á UDC, filtrar os datos por áreas de investigación ou acceder á información da actividade investigadora do resto de universidades españolas.


viernes, 15 de julio de 2022

Informe IUNE 2022

IUNE 2022

 


Vénse de publicar a nova versión do Observatorio IUNE cos datos da actividade investigadora das universidades españolas públicas e privadas, baseados en catro grandes indicadores: produtividade, colaboración, impacto da investigación e visibilidade. O informe do 2022 presenta os datos que abarcan do ano 2011 ata o 2020, ambos os dous incluídos. Na mesma páxina web, pódese consultar a metodoloxía empregada.

Presentamos os datos de rendemento da UDC nestes indicadores, coa fin de ver a súa evolución grazas á comparación cos informes precedentes.

IUNE 2022 

PRODUCCIÓN CIENTÍFICA 

PUBLICACIÓNS /prof.-Prof.ª 

CITAS DE PUBLICACIÓNS 

CITAS /prof- 

PUBLICACIÓNS EN  1º CUARTIL 

PUBLICACIÓNS NO TOP3 

COLABORACIÓN NACIONAL 

COLABORACIÓN INTERNACIONAL 

2011 

498

0,54

12190

13,34

198
(41.68 %)

42
(8.84 %)

164
(32.93 %)

166
(33.30 %)

2012 

528

0,55

19978

20,72

226
(44.75 %)

35
(6.93 %

168
(31.82 %)

179
(33.90 %

2013 

572

0,58

10133

10,31

267
(48.81 %)

41
(7.50 %)

186
(32.52 %)

194
(33.90 %)

2014 

529

0,56

9459

10,05

227
(44.86 %)

34
(6.72 %)

166
(31.38 %)

197
(37.20 %)

2015 

682

0,73

10723

11,55

319
(48.93 %)

69
(10.58 %)

216
(31.67 %)

279
(40.90 %)

2016 

688

0,75

13521

14,78

316
(47.88 %)

75
(11.36 %)

224
(32.56 %)

300
(43.60 %)

2017 

697

0,76

8237

9,01

329
(49.33 %)

79
(11.84 %)

240
(34.43 %)

288
(41.30 %)

2018 

761

0,85

12358

13,79

391
(53.34 %)

90
(12.28 %)

269
(35.35 %)

304
(39.90 %)

2019 

885

0,99

6989

7,79

448
(51.73 %)

96
(11.09 %)

341
(38.53 %)

384
(43.30 %)

2020 

954

1,06

3841

4,29

444
(47.33 %)

70
(7.46 %)

318
(33.33 %)

437
(45.80 %)

TOTAL 

6794

 

107429

 

3165

631

2292

2728

PROMEDIO 

679,40

0,74

 

11,56

47.86 %

9.46 %

33.45 %

39.30 %

 

Nalgúns casos, nos últimos anos prodúcese unha diminución de valores, non relacionada cun descenso do impacto senón coa proximidade temporal da produción científica analizada. Un reconto posterior ofrecerá valores comparables.

A seguinte táboa resume a o posto que ocupa a Universidade en relación co resto de universidades españolas nos rankings estudados:    

 


IUNE 2022                                         

PRODUCCIÓN CIENTÍFICA 

PUBLICACIÓNS /prof.-Prof.ª 

CITAS DE PUBLICACIÓNS 

CITAS /prof.

PUBLICACIÓNS EN  1º CUARTIL 

PUBLICACIÓNS NO TOP3 

COLABORACIÓN NACIONAL 

COLABORACIÓN INTERNACIONAL 

2022

36

46

35

46

36

34

34

37

2021 

31 

38 

33 

35 

41 

20 

29 

32 

2020 

35 

43 

37 

42 

35 

34 

34 

36 

 

Os números en vermello indican os puntos onde baixou a posición. Polo xeral, esta baixada non é demasiado indicativa, dada a proximidade temporal dos datos analizados, especialmente no que concerne ás citas, e ao comportamento do resto das universidades, que provoca fluctuacións dun ano para outro.

Este ano recóllense tamén as publicación en acceso aberto, onde a UDC ocupa o posto 37. As súas publicación en aberto van subindo cada ano:

IUNE 2022

Publicacións en acceso aberto

2011 

126

2012 

139

2013 

178

2014 

179

2015 

225

2016 

293

2017 

279

2018 

354

2019 

454

2020 

541

TOTAL 

2768

PROMEDIO 

38,67

 

O informe IUNE estuda tamén: 

·        O profesorado nas universidades.

·        O recoñecemento: premios nacionais e sexenios obtidos. 

·        A actividade científica emerxente.         

·        A innovación: o número de patentes, o importe de contratos I+D e consultorías, o importe facturado por prestación de servizos, os ingresos xerados por licenzas, o número de extensións PCT e spin-off. 

·        A competitividade, co reconto dos proxectos nacionais e europeos. 

·        A financiación, a través dos ingresos xerados pola investigación e os ingresos liquidados por operacións non financeiras. 

·        A capacidade formativa: o número de becas FPI, FPU, de contratos Juan de la Cierva, de contratos Ramón y Cajal e de teses defendidas.