martes, 5 de abril de 2016

PROS E CONTRAS DAS REDES SOCIAIS DE INVESTIGADORES. NOVOS TIPOS

Mapa parcial de Internet basado en la información obtenida del sitio opte.org el 15 de enero de 2005. Creative Commons Attribution 2.5 Generic license
Nunha entrada anterior do blog falabamos dos novos tipos de revistas en acceso aberto, xurdidas unha vez asentadas as rutas verde -repositorios- e dourada -xornais- do OA; dicíamos que ese novas modalidades viñan da man do cuestionamiento do modelo de negocio das revistas con pago por publicación (article-processing charges, APC), por unha serie de traballos, conferencias e iniciativas que estudan a transición da publicación académica cara o Open Access. E que aparecían así revistas como as overlay journals, xornais  superpostos que engaden valor mediante revisión por pares a artigos publicados en arXiv, revistas como RIO, que recollen todos os produtos da investigación, desde ideas a datos, resultados, etc.

Algo semellante pasa no ámbito da web 2.0 e das redes sociais. Tralo éxito de Facebook, Twitter e LinkedIn, surden as primeiras redes sociales de científicos (Academici, Academia.edu). Ao seguir o modelo de Facebook e as súas técnicas agresivas de venda de datos e de visitas as súas páxinas, comparten vantaxes e inconvenientes. Son vantaxes a gran facilidade para a comunicación entre  investigadores con intereses comúns, de completar un perfil bibliográfico, de crear grupos de traballo colaborativo, o incremento da visibilidade da produción científica. Representan beneficios para estas redes o aumento de usuarios e, sobre todo no caso de Research Gate, do número de artigos a texto completo (19 millóns). 

Críticas as dúas maiores redes socais de científicos:
  • Competencia aos repositorios institucionais:
    • Diminución do número de visitas nestes últimos
    • ResearchGate (RG) é un megarrepositorio, pero sen os controis bibliográficos dos institucionais 
    • Os artigos podense enlazar con DOIs, pero non con handles (salvo en Academia.edu); require que se suba o ficheiro
  • No traballo The End of an Era for Academia.edu and Other Academic Networks? estúdase a demanda por competencia desleal de Elsevier a Academia.edu para a retirada de moitos dos seus artigos
  • As que se reflicten en campañas como #DeleteAcademiaEdu
  • Invitacións automáticas a coautores: se un autor de un artigo o sube a RG, a rede envía automáticamente invitaciones aos coautores desde a conta do autor
  • Incoproración ao seu arquivo mediante descargas automáticas y masivas doutros traballos en acceso aberto dos seus usuarios rexistrados
Ler o artigo completo

Consolidado o modelo de rede social con beneficios (RG), ao igual que o de Open Access no caso das revistas que se financian cos APC, xurden novos modelos para superar os problemas anteriores. Exemplo desa superación é a rede ScienceOpen. As novas plataformas 2.0 evolucionan cara a agrupación de servizos diversos:
  • ScienceOpen é rede social, plataforma de publicación científica, incluso sistema propio de información científica co seu novidoso Open Citation Index, obtendo sinerxias da combinacións dos tres elementos; reflicte o paso do OA á Open Science. Como os overlay journals, boa parte do seu valor estriba no proceso de peer-review posterior á publicación (como PubMed Commons, PeerJ, etc., modo máis acorde co Open Access e coa transparencia, reduce costes). Inclúe no seu arquivo todos os artigos de arXiv e desenvolve o modelo de coleccións, elaboradas polos propios usuarios, como unha alternativa ás revistas APC.
ScienceOpen compite con RG y Academia.edu facendo  fincapé na profesionalidade: limita o acceso completo como revisor de artigos a usuarios con número ORCID e 5 artículos publicados, obtendo así usuarios cualificados para a avaliación e evitando os problemas de fraude mediante críticas anónimas doutros sitios web, problemas dos que trata o artigo de Nature Research integrity: Don't let transparency damage science.
Enlace

No hay comentarios: