jueves, 24 de marzo de 2016

A formación de usuarios na Biblioteca da UDC

Desde a Sección de información da Universidade da Coruña vense desenvolvendo desde hai varios anos un programa de Formación de Usuarios.

Comezouse cun curso titulado "A biblioteca dixital da UDC" con versións para alumnos e para Persoal Docente e Investigador (PDI).

A seguinte actuación foi a constitución dun Grupo de traballo dedicado á formación de usuarios. Froito do seu traballo xurdiu o curso "Formación de usuarios" do que se impartiron múltiples sesións e do que fíxose unha versión adecuada ao PDI.
     
A continuación, e dada a obligatoriedade do traballo de fin de grao para poder egresar, comezáronse a realizar sesións do curso titulado Recursos e utilidades para o traballo de fin de grao, sesións que tamén se adaptaron ao PDI cun curso orientado á dirección destes traballos de fin de grao.

Outro dos aspectos nos que se viu a necesidade de impartir formación foi a preparación das teses doutorais, para o que se organizou o curso "Como se fai unha tese", curso que, como o resto, séguese a realizar. A Escola Internacional de Doutoramento encargounos unha versión ampliado do curso para o seu programa de formación, o cal se titulou "Desde a investigación na tese doutoral ata as políticas de publicación científica".
Pola necesidade de formar ao PDI na medida do impacto da investigación elaborouse o curso ISI vs. Scopus, a métrica da información. Neste curso estúdanse os indicadores que nos ofrecen ambas bases de datos, pero tamén outros indicadores, como as altmetrics e as recentes snowball metrics.

Doutra banda, desde o Servizo de biblioteca da UDC creouse un Grupo de traballo de apoio á investigación co obxectivo de formar ao PDI nestes temas e de implementar nas bibliotecas un
servizo que cubra as necesidades dos investigadores. Preparouse un curso virtual na contorna Moodle, do que se vai realizar a segunda edición, co título Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación. O curso é teórico-práctico, con talleres aos investigadores en tódolos centros universitarios.

Na actualidade desde a sección de información estase a traballar na confección de dous cursos sobre as novas tendencias no apoio á investigación, un é o titulado "A métrica da información: indicadores tradicionais vs. alternativos", e o segundo será o dedicado os Current Research Information Systems e que leva por título "Os Sistemas de Información da Investigación en Curso (CRIS)".

No hay comentarios: