viernes, 18 de marzo de 2016

PROPIEDADE INTELECTUAL (E III): ACORDO CRUE-CEDRO


Na Asemblea Xeral de CRUE do pasado mércores 16, as universidades ratificaron o acordo entre a Conferencia de Reitores e CEDRO (tras máis de 10 anos de negociacións) de fixación da contía a aboar polos contidos (extractos de libros, revistas, etc.) subidos polas universidades aos seus campus virtuais. CEDRO solicitaba entre 7.5 e 8 millóns de euros; finalmente acórdouse o pago de 3 millóns anuais por dereitos de autor.

O apartado 4 do artigo 32 da Lei de Propiedade Intelectual (LPI), introducido pola reforma de 2014 e que entrou en vigor en novembro de 2015, inclúe a nova excepción de uso de materiais na aula virtual. Antes de esa modificación, a situación non estaba amparada por una excepción legal, o que deu lugar a varios xuizos de CEDRO contra universidades españolas (Carlos III de Madrid, de Barcelona e Autónoma de Barcelona) nos que se lles condenaba –por piratería , en palabras de CEDRO- ao pago de indeminizacións por vulneración de dereitos de autor nos seus campus virtuais.

Pasamos a análizar os requisitos establecidos polo art. 32.4 da LPI, cos puntos máis destacados en letra grosa e as explicacións entre corchetes:

Tampouco necesitarán a autorización do autor ou editor os actos de reprodución  [p.ex. fotocopias, ficheiros pdf] parcial  [non de toda a obra], de distribución e de comunicación pública  [posta a disposición do alumno do material na aula virtual] de obras ou publicacións, impresas ou susceptibles de selo, cando concorran simultaneamente as seguintes condicións::
  • Que tales actos leven a cabo unicamente para a ilustración con fins educativos e de investigación científica [excepción para a docencia, pero tamén para a investigación]
  • Que os actos se limiten a un capítulo dun libro, artigo dunha revista ou extensión equivalente respecto dunha publicación asimilada, ou extensión asimilable ao 10 por cento do total da obra, resultando indiferente a estes efectos que a copia leve a cabo a través dun ou varios actos de reprodución [non se poderá subir á aula virtual un capítulo -ou repartir as súas fotocopias- e, máis adiante, outro capítulo]
  • Que os actos se realicen nas universidades ou centros públicos de investigación, polo seu personal e cos sus medios e instrumentos propios [non vale para campus virtuais non creados e levados pola universidade].
  • Que concorra, polo menos, unha das seguintes condicións:
    • [a primeira refírese a ensinanza presencial]
    • Que só os alumnos e o persoal docente ou investigador do centro no que se efectúe a reprodución parcial da obra poidan ter acceso á mesma a través dos actos de comunicación pública autorizados no presente apartado, levándose a cabo a posta a disposición a través das redes internas e pechadas ás que unicamente poidan acceder eses beneficiarios ou no marco dun programa de educación a distancia ofertado polo devandito centro docente [a excepción abrangue ás universidades a distancia e aos títulos a distancia ofertados polas universidades]

Conclusións, dúbidas e problemas:

No hay comentarios: