viernes, 11 de marzo de 2016

PROPIEDADE INTELECTUAL (II): USOS DO MATERIAL



Na entrada anterior do blog falabamos dos dereitos de autor e das súas excepcións que a lei establece en favor da docencia, a investigación, a crítica e as actividades de institucións como as bibliotecas. Dicíamos que as excepcións permiten empregar recursos con copyright sen necesidade de obter permiso do titular dos dereitos de propiedade intelectual (autor ou editor).

Nesta entrada imos ver qué recursos pódense utilizar segundo á Lei.

Non podemos esquecer que en todo caso existe a posibilidade de utilizar calquera obra ou recurso, sempre que o titular da obra nos dea permiso (e previo pago dunha remuneración, se nola pide). As excepcións só permiten usar as obras sen necesidade de permiso, pero iso non exclúe en tódolos casos a obriga de aboar unha remuneración.

Se non hai titular polo paso de 70 anos, as obras están no dominio público e poden ser usadas por calquera. Son as obras máis convenientes para o seu uso.

Recursos en dominio público:
Europeana, nas buscas de recursos, distingue á hora de contestar á pregunta  “Podo usalo?”
As obras de dominio publico están no grupo Si Con Atribución. Neste grupo tamén se inclúen obras coas licenzas menos restritivas de Creative Commons.
  • CC BY: permite todo uso sempre que se recoñeza ao autor. En Europeana, iría no mesmo grupo que as obras de dominio público, xa que permite o uso con atribución
  • O autor tamén pode liberar a obra de dereitos mediante unha etiqueta de declaración CC0 Public Domain
As demáis licenzas Creative Commons son más restritivas e Europeana agrúpaas na categoría de Uso Con Restricións

Despois é posible empregar obras con dereitos reservados sen licenzas CC sempre que se verifique algunha das excepcións que establece a lei e das que xa falamos na entrada anterior do blog.
Se hai problemas, o mellor é recorrer a obras de uso público (CC ou dominio público)

Europeana e outras plataformas conteñen obras orfas: isto lles permite incluír no seu repositorio dixital obras sen autor coñecido pese a unha busca dilixente nos seus catálogos, e os usuarios poden empregar as imaxes e sons. Pero se finalmente aparece o autor, será necesario pagarlle una compensación axeitada. Así que tal vez non sexa a mellor opción para dixitalización por parte de pequenas bibliotecas.

Uso de artigos en acceso aberto:
Acceso aberto non quere dicir que os artigos sexan de uso libre e sen restrición. Os autores reservan os seus dereitos (mediante licenzas CC, por exemplo) e o recoñecemento é esencial. Son libremente accesibles pero non poden facerse outros usos. Pero ao empregarse na investigación, non hai problemas de usos comerciais.

Open Data:
Os datos abertos (hai datos con copyright), a diferenza dos artigos en OA, normalmente levan a etiqueta CC0 ou de dominio público, para facilitar o seu uso. Poder ser gobernamentais ou de investigación. Empréganse con fins de investigación e de análise.


No hay comentarios: