viernes, 4 de marzo de 2016

PROPIEDADE INTELECTUAL (I): EXCEPCIÓNS


Coincidindo coa celebración a semana pasada da Fair Use Week nos Estados Unidos (o fair use é unha excepción aberta do sistema legal angloamericano de propiedade intelectual que facilita o uso de recursos con copyright con fins educativos e informativos; en España non temos una norma de ese tipo), imos falar nas seguintes entradas do blog sobre propiedade intelectual.

A Lei de Propiedade Intelectual protexe os “dereitos do autor sobre unha obra literaria, artística o científica polo só feito da súa creación”; nón e necesaria inscripción nun rexistro ou engadir o símbolo ©.

Os dereitos de autor son ben de carácter persoal ou morais (recoñecemento, integridade) ou ben patrimoniais; estes últimos divídense nos de remuneración e os de explotación. Son dereitos de explotación (transmisibles a outras persoas, como por exemplo editores de xornais científicos ou libros) os de

Os problemas de propiedade intelectual xurden principalmente no desenvolvemento deses dereitos de explotación, e a lei os soluciona ponderando os intereses en xogo: protección do autor, dereito á cultura e acceso ao coñecemento, e evolución das TIC.

Quedan fóra do problema das excepcións aqueles materiais que polo transcurso do plazo legal (70 anos trala morte do autor en España) son de dominio público.

As excepcións aos dereitos de explotación buscan favorecer a investigación, a crítica e as actividades de bibliotecas e museos (pola súa vinculación coa cultura). Permiten empregar recursos con dereitos de autor sen necesidade de obter permiso do titular dos dereitos de propiedade intelectual:

No hay comentarios: