viernes, 19 de febrero de 2016

O IMPACTO DA ACTIVIDADE CIENTÍFICA DA UDC: ACTUALIZACIÓN 2016

Nesta entrada do blog medimos a repercusión da produción científica da UDC mediante a análise de citas, non sen antes reiterar a puntualización feita na anterior entrada do blog sobre as variacións debidas a regularización dos datos da filiación dos investigadores da UDC nos últimos anos.
Deste informe de citas relativo á UDC, elaborado automaticamente pola base de datos WOS, pódense extraer os seguintes índices de impacto:
  • Número de citas recibidas polos artigos da UDC indexados nos SCI, SSCI, A&HSCI da WOS: 83876 (61620 no cálculo cos datos de 2015)
  • Media de citas por ítem indizado na WoS: 8,77 (8,14 en 2015) 
  • Índice h: 85 (72 no cálculo cos datos de 2015)
Vemos que xunto ao gráfico de citas é necesario considerar o número de ítems publicados, que ten utilidade para o cálculo da promedio de citas pero, sobre todo, para o do índice h.
Tamén son relevantes os índices h anuais, que establecen un número concreto de artigos publicados nun ano que ao longo do tempo foron citados ese número concreto de veces:


Índice h
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
Año
33
38
33
32
34
35
31
27
21
13
6

Nos últimos anos (2014-2015), o índice h diminúe drásticamente porque foi calculado cando os artigos apenas tiveron tempo de ser citados. Un reconto posterior dos índices ofrecerá valores comparables.

A segunda parte da entrada do ano pasado sobre o impacto da produción científica da UDC estaba dedicada á análise dos datos do Informe 2014 do Observatorio IUNE atinxentes á UDC. Como xa recollimos hai uns meses os datos do Informe 2015 e para no reiterar a información, limitámosnos a ofrecer a ligazón á entrada coa análise do último informe:
http://budcinformacion.blogspot.com.es/2015/07/a-producion-cientifica-da-udc-no_21.html

No hay comentarios: