viernes, 15 de abril de 2016

PRESENZA DOS INVESTIGADORES DA UDC NAS PRINCIPAIS REDES SOCIAIS DE CIENTÍFICOS: CIFRAS


A UDC ten unha páxina de institución en ResearchGate baixo o nome University of A Coruña que recolle os datos de persoas afiliadas a mesma con conta na rede social, número de documentos subidos á rede, métricas, departamentos con maior presenza, artigos máis lidos na ultima semana, institucións coas que máis colabora, etc.



Non hai unha filiación única para a Universidade da Coruña en Academia.edu. O nombre principal Universidade da Coruña ten 768 usuarios (coruna.academia.edu); os outros (creados por usuarios da rede ou grupos da UDC: University of A Coruña; University of A Coruña, Spain; University de La Coruña; Universidade A Coruña, etc.) , 233.
  • En total, 1001 usuarios

Esta rede ofrece páxinas bastante menos desenvolvidas para as institucións que as de ReseachGate, con datos sobre número de usuarios e o seu reparto por departamentos ou áreas (sen normalización de nomes); tamén número de documentos por áreas, pero non número total de traballos da Universidade.



A rede social Mendeley, ao ser tamén xestor bibliográfico en rede (con versións gratuíta e de pago), funciona principalmente a través de grupos, non por universidades.
De todos os modos, unhas trinta universidades españolas (Complutense de Madrid, Sevilla, etc.) subscritas a versión institucional de pago, teñen grupo oficial, conta de institución. As universidades galegas, que contrataron RefWorks como xestor de referencias a través do consorcio BUGalicia, non teñen conta institucional en Mendeley.

No hay comentarios: