lunes, 26 de septiembre de 2016

Clasificación dos recursos na web da BUDC (I)


A biblioteca presenta unha selección de los recursos informativos da Web, agrupados na páxina Outros recursos por materias. Os materiais gratuítos ordénanse nela de acordo ao seguinte esquema clasificatorio, adaptado aos estudos presentes na UDC.

A clasificación desenvólvese en varios niveis:
  1. O primeiro, de seis grandes áreas:
    1. Lóxica, matemáticas e física
    2. Artes e humanidades
    3. Ciencias
    4. Ciencias da saúde
    5. Ciencias sociais e xurídicas
    6. Enxeñaría e arquitectura
  2. O segundo, que desagrega as áreas anteriores e emprega a denominación das carreiras da UDC:
    1. Humanidades
    2. Información e documentación
    3. Bioloxía
    4. Química
    5. ...
    6. Comunicación audiovisual
    7. Dereito
    8. Economía e empresa
    9. Enxeñaría industrial
  3. Algún de estes epígrafes subdivídese nun tercer nivel de disciplinas máis específicas. Por exemplo, Comunicación audiovisual en Cine, Deseño, Publicidade, etc.





Inclúese unha ligazón á listaxe de recursos xerais, ordenados por tipoloxía documental (mapas, boletíns oficiais, congresos científicos, dicionarios, normas, patentes, prensa, tese, etc.)

Péchase o esquema cos recursos derivados do movemento internacional de acceso aberto que, partindo dun ámbito limitado -a apertura do código fonte de software- deu lugar a un modelo consolidado de publicación que permite a dispoñibilidade gratuíta dos traballos de investigación para favorecer o desenvolvemento da ciencia. O acceso abierto pode alcanzarse mediante dúas vías: verde (repositorios: ArXiv, RUC) e dourada (revistas de acceso aberto)

Ese movemento continuou desenvolvéndose ata alcanzar o campo dos datos abiertos (open data): estes poden ser ben datos de investigación, que acompañados de publicación, revisión e metodoloxía abertas dan lugar a unha ciencia aberta. Ou ben datos da Administración, cuxa publicación transparente permite a participación cidadá no marco de iniciativas de goberno aberto.

No hay comentarios: