Os vindeiros días 24 e 25 de setembro celebrarase na Universidade Politécnica de Valencia o 3 rd Internacional LIS-EPI Meeting “Innovación en Información”.
Este encontro pretende aumentar a cooperación e o intercambio de coñecementos entre científicos españois e estranxeiros. Tamén intentará promocionar aos profesionais, investigadores e empresas que traballan nas áreas da comunicación científica e na xestión de contidos nas organizacións.
Os temas a tratar dividiranse en tres bloques, e a forma de difundilos será mediante experiencias e coñecementos propios e os workshops presentarán dende un punto de vista práctico as tendencias actuais en cada unha das seguintes áreas:
- As redes de científicos a través dos arquivos abertos
- Revistas científicas e web 2.0.
- Innovación aberta: contidos, formatos e plataformas.
Nesta ocasión ao grupo organizador inicial súmase o equipo da revista sobre biblioteconomía e documentación El Profesional de la Información e a Oficina de Innovación da Universitat Oberta de Catalunya.
Este tipo de actos poñen de manifesto a evolución e importancia que nos últimos tempos se lle da á difusión da información mediante o Open Access e aos avances que supón a web 2.0. coas redes sociales e o acceso aos documentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario