lunes, 14 de julio de 2008

A ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL XA ESTÁ NA WEB

Dende o pasado 11 de xullo, Ir Indo Edicións pon na rede a Enciclopedia Galega Universal (EGU), unha obra de carácter interactivo e multimedia, que recolle os 16 volúmenes da edición impresa posta en marcha a finais dos 90, ambas de carácter universal escritas integramente en galego. A enciclopedia conta con 200.000 entradas, 20.000 ilustracións e material didáctico para profesores e alumnos ademais de xogos e concursos. Os contidos nos que se divide a EGU son: léxico xeral, biografías, xeografía, cartografía, ciencias biolóxicas, ciencias físicas e exactas, tecnoloxías, ciencias sociais e humanidades, lexislación, xurisprudencia e empresas e finanzas.
Tamén se tiveron en conta a igualdade e a accesibilidade, desta forma eliminouse a linguaxe sexista e adaptáronse os contidos á poboación cega mediante a incorporación de audio en todas as entradas. A páxina contén un tradutor automático a castelán, inglés e portugués.

A Consellería de Innovación e Industria achegou 60.000 euros para a adquisición dunha licenza corporativa para o seu emprego nos centros da Rede Galega de Dinamización da Sociedade da Información e na adquisición de 2.000 licenzas individuais.
Para poder acceder a esta enciclopedia é necesario darse de alta como usuario, o acceso é gratuito soamente ata outubro.

No hay comentarios: