miércoles, 2 de mayo de 2018

Buscadores xenéricos e académicos



En xeral, o termo buscador fai referencia aos distintos tipos de ferramentas informáticas que permiten ao usuario localizar información dispoñible en Internet. Na actualidade, Google é o buscador xenérico máis utilizado (máis do 90% das buscas realízanse a través deste motor de busca), aínda que isto non significa que sexa a única opción, xa que na rede hai numerosas alternativas. Entre os seus maiores competidores atópanse Bing ou Yahoo, pero tamén outros menos coñecidos para o público en xeral, dende os que priman a privacidade ata os que incluso doan parte dos seus beneficios a causas benéficas. Algúns exemplos coas súas correspondentes descricións pódense consultar no seguinte artigo.

Sen embargo, para realizar buscas especializadas (que xeralmente son a base da documentación dos traballos académicos a realizar na universidade), é máis interesante utilizar buscadores especializados, os denominados buscadores académicos ou científicos. Na web da biblioteca incluímos unha listaxe de buscadores que pretenden ser de axuda para estudantes, profesores ou investigadores para atopar contido en Internet procedente de fontes fiables. Entre eles, destacamos:

- BASE: Bielefeld Academic Search Engine: un dos buscadores máis completos do mundo, especialmente para os recursos web académicos de acceso aberto. Ofrece máis de 100 millóns de documentos de máis de 5.000 fontes. Pódese acceder aos textos completos de aproximadamente o 60% dos documentos indexados.
- CrossRef Metadata Search: permite buscar artigos específicos, obtener a dirección DOI asignada a cada un deles e acceder á páxina da editorial onde se atopa o texto completo.
- Google Académico: buscador especializado de Google que permite realizar buscas para localizar documentos académicos.
- Microsoft Academic: buscador académico de Microsoft que indexa millóns de publicacións académicas e ademais "mostra as relacións clave entre dous ou máis suxetos, contido e autores, destacando os vínculos críticos que axudan a definir a investigación científica"-
- RefSeek: buscador web académico, deseñado tanto para estudantes como investigadores, que ofrece nas súas buscas millóns de documentos, incluíndo páxinas web, libros, enciclopedias, revistas ou periódicos.
A listaxe completa pódese consultar na siguiente sección da web.

Tamén queremos salientar que nas últimas semanas están aparecendo novas ferramentas desta tipoloxía como Lens, buscador académico que permite recuperar patentes e publicacións científicas, ou 1findr, buscador de artigos e das súas versións en acceso aberto publicados en revistas científicas revisadas por pares, en tódolos campos de investigación e idiomas.
Para finalizar, e dende outro punto de vista, tamén de interese científico, temos a busca na web profunda (parte de Internet cuxa principal característica é que non hai un rastrexo por parte dos buscadores). Aínda que hai varias formas de acceder, a máis sinxela consiste en instalar o navegador TOR.

No hay comentarios: