lunes, 23 de abril de 2018

Día do Libro 2018

Día do Libro 2018
Hoxe 23 de abril conmemórase a celebración do Día do Libro, fixado pola UNESCO dende 1995 nesta data, por coincidir co falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare ou Garcilaso de la Vega. Sen embargo, pouca xente coñece a orixe española desta iniciativa ou o feito de que nos seus comezos festexásese nunha data moi diferente: o 7 de outubro, cando se cría que nacera o creador do Quijote. Así nolo contan dende a BNE: o escritor valenciano Vicente Clavel foi o impulsor da proposta en 1923 para dedicar un día de cada ano a celebrar a Festa do Libro. Tres anos despois, o rei Alfonso XIII aprobou o Real Decreto polo que se estipulaba que o 7 de outubro se conmemoraría o nacemento de Cervantes cunha festa dedicada ao libro español. Así se procedeu durante casi un lustro, pero pronto surxiu a polémica en torno ao día elexido, xa que non había certeza da data de nacemento, sumada á importancia que tiñan nesa xornada os actos ao aire libre (a primaveira parecía unha época máis apropiada que o outono). Foi así cando en 1930 se acordou trasladar a Festa do Libro ao 23 de abril definitivamente.
Moito tempo despois, en 1995, o goberno español presentou á UNESCO a proposta para a celebración mundial do Día do Libro, aprobándose nese mesmo ano, como así sinalabamos ao comezo deste post. Cabe destacar que cada ano a UNESCO xunto con organizacións profesionais do mundo do libro, elixen unha capital mundial do libro, que este ano recaeu en Atenas “pola calidade das actividades que leva a cabo, que contan co apoio de todo o sector do libro. O obxetivo é que os libros sexan accesibles a tódala población, incluidos os migrantes e os refuxiados”.
En España, o cartel elixido este ano polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte para conmemorar este día, e que acompaña a este post, é obra de Alfredo, Premio Nacional de Ilustración 2017. O Ministerio únese a esta festa do libro cunha serie de actos; o máis significativo é a entrega do Premio de Literatura en Lengua Castellana Miguel de Cervantes, que é o máximo recoñecemento á labor creadora de escritores españois e hispanoamericanos cuxa obra contribuiu a enriquecer de forma notable o patrimonio literario en lingua española. O escritor Sergio Ramírez, Premio Cervantes 2017, é o que recibe este galardón no día de hoxe.
No que respecta á nosa comunidade autónoma, Cultura de Galicia celebra o Día do Libro con actividades na rede de bibliotecas, museos e arquivos de toda Galicia. A programación de cada un dos centros está dispoñible en cultura.gal e na app Axenda Cultura.



No hay comentarios: