jueves, 12 de junio de 2008

NOVAS BASES DE DATOS NA WEB DA BIBLIOTECA

Dende hoxe podemos atopar na web da Biblioteca da UDC dúas novas bases de datos:

- World Banking Abstracts: trátase dunha base de datos de economía e finanzas que proporciona acceso inmediato aos resumos de artigos importantes publicados internacionalmente; estes resumos extrouxéronse de diarios, revistas, informes de investigación de EE.UU., da Reserva Federal de Bancos, da CE, e de institutos de investigación e universidades de todo o mundo.

- Analytical Abstracts: base de datos de química que proporciona resumos analíticos da literatura na investigación química e permite a recuperación da información para a realización de análises científicos.

Ademais contamos con outra base de datos en proba, trátase da Global Market Information Database (GMID), ofrece información sobre as industrias, a economía e os consumidores en 205 países. Contén máis dun millónn de estatísticas dende 1977, comparables entre sí,miles de estudos de mercado e perfís de empresas. É empregada en universidades, escolas de negocios, axencias de exportación e gobernos en todo o mundo.

No hay comentarios: