lunes, 29 de septiembre de 2008

A UNIVERSIDADE, A EMPRESA E O ALUMNADO ACTUAL

Este domingo 28 de setembro apareceu en El País un suplemento especial sobre “Universidad y Posgrado”.
Neste extra pódense encontrar diversos artigos interesantes sobre a situación universitaria española actual, os seus plans de futuro coa incorporación dos títulos de grao, e cal é a realidade do alumnado na actualidade.

Entre as ideas máis sobresaintes destacan:
- Os novos títulos de grao fan que as carreiras sexan máis curtas, desta forma posibilítase a especalización mediante mestrados oficiais, o que permitirá que un titulado nunca carreira de humanidades acabe especializándose por exemplo en finanzas.
- A inversión de algunhas universidades, como por exemplo a Universidad Carlos III de Madrid, en infraestructuras para adaptar as aulas a este novo sistema de ensinanza é considerable, xa que se converten en aulas máis pequenas con wifi, sistemas de grabación para logo volcar a clase no campus virtual e mobiliario lixeiro que permite cambiar a súa distribución segundo se imparta clase tradicional ou traballo en grupo diante do ordenador.
- O acercamento que a empresa fai ao campus na procura de novos traballadores. Segundo datos da Fundación Universidad Empresa (FUE), a case a totalidade das universidades españolas organizan foros de empleo, que veñen sendo a principal vía de contratación de estudantes.
- Os estudantes españois poden cursar posgraos en universidades extranxeiras tan prestigiosas como Harvard, Georgetown, Oxford, Berkeley, MIT, Stanford, Columbia, etc., gracias ás becas que certas institucións lles ofrecen.
- Crece a oferta de cursos de posgrao con títulos moi diversos, este ano presentáronse polo menos 1300 novas titulacións, ademáis consolídase a formación online como alternativa á presencial, especialmente para aqueles alumnos que están traballando, permitíndolle flexibilidade horaria e xestionar o tempo e o plan de estudos segundo máis lles conveña.

Ademáis destas ideas extraídas do suplemento podemos atopar entrevistas a estudantes que na súa época foron os mellores da súa promoción, o papel dos olleadores ou como é a vida dun investigador.

No hay comentarios: