martes, 14 de octubre de 2008

DÚAS NOVAS BASES DE DATOS EN PROBA

Desde hoxe ata o día 15 de decembro poderemos consultar na Biblioteca Dixital da UDC dúas novas bases de datos do Isi Web of Knowledge, BIOSIS PREVIEWS e ZOOLOGICAL RECORD foron xestionadas polo FEYCT para o seu acceso temporal, estas novas bases atópanse en Recursos en proba.

BIOSIS PREVIEWS: esta base de datos é unha fonte completa para a investigación das ciencias da vida e biomédicas desde publicacións, asembleas, libros e patentes. Contén índices de datos de máis de 18 millóns de rexistros desde 1969, e un fondo retrospectivo desde 1926. É actualizada semanalmente, agregándoselle os rexistros de casi 6.000 publicacións das ciencias da vida e patentes, libros, capítulos, asambleas, con máis de 500.000 rexistros engadidos anualmente. Inclúe un índice de estructura, con datos e termos taxonómicos, termos de enfermidades, números de rexistros CAS desde 1969, números de bancos de datos secuenciales e vocabulario controlado de conceptos principias desde 1969.

ZOOLOGICAL RECORD: cubre todos os aspectos da investigación animal moderna, desde a bioquímica ata a medicina veterinaria, como poden ser: o comportamento, biodiversidade, conservación, ecoloxía, evolución, xenética, hábitat, morfoloxía, parasintoloxía, fisioloxía, reproducción, taxonomía e zooxeografía.
Ofrece 72.000 novos artigos por ano seleccionados por biólogos experimentados, máis de 5.000 revistas especializadas publicadas en máis de 100 países, monografías, documentos e resumos de conferencias, etc. Contén un thesaurus con 6.000 termos controlados organizados por xerarquía e cun índice dos nomes dos novos organismos e os seus cambios.
Está dispoñible en formato electrónico desde 1978 e en formato impreso desde 1865.

No hay comentarios: