martes, 21 de octubre de 2008

ISI PROCEEDINGS INTÉGRASE NO WEB OF SCIENCE

O pasado domingo 19 de outubro do 2008 realizouse unha actualización da Web of Knowledge, isto provocou a desaparición da base de datos ISI Proceedings que pasa a integrarse na Web of Science.

ISI PROCEEDINGS é un índice da documentación publicada dos simposios, conferencias, seminarios, coloquios, talleres e convencións máis relevantes nunha amplia variedade de disciplinas. As publicacións das que se nutre o índice son libros, publicacións periódicas, informes e series producidas por editores ou sociedades e conxuntos de borradores. A maioría dos documentos incluídos son artigos ou traballos presentados en reunións, ademais incorpora os resumos de reunións de máis de 740 publicacións.
Isi Proceedings contén máis de 3.5 millóns de rexistros de máis de 60.000 conferencias, agrega aproximadamente 260.000 rexistros por ano, máis do 66% provinte de actas e o 34% restante a partir de revistas.

Entre as vantaxes que atoparemos nesta modificación están combinar a cobertura das actas coa busca de referencias citadas, o que permitirá descobrir que actas son as máis influentes. Poderase ver a quen se cita nas conclusións das actas e revelarase o tipo de traballo que se fixo.
Coa integración das actas na Web of Science a capacidade de busca amplíase, isto permitirá:
- Buscar hacia atrás e hacia adiante para descobrir as influencias e os acontecementos posteriores basados nos procedementos de libros, así como publicacións científicas.
- Seguir a pista das actas máis influentes e o impacto de cada un dos documentos publicados.
- Descobrir onde presentan os seus documentos os principais investigadores nun determinado campo.
- Comprobar como inflúen os congresos nos traballos das disciplinas afines.

A cobertura seguirá estando dispoñible en dúas edicións: Ciencias e Ciencias Sociais e Humanidades e o acceso aos datos das actas de congresos amosaranse como as edicións do Web of Science, xunto co resto dos índices do Web of Science.

No hay comentarios: