miércoles, 5 de noviembre de 2008

I+D+I

Nos últimos meses, o interese pola busca do factor impacto e os índices de citas viuse incrementado pola esixencia dun prazo para a presentación dos sexenios, feita por parte dos investigadores desta universidade.
Este interese provocou que se engadise un novo apartado na páxina web da BUDC, I+D+I, sección que recolle temas referidos á calidade da investigación: Factor de impacto/índices de citas e Información complementaria.
Por iso se fíxo unha selección dos indicadores máis importantes, tanto a nivel internacional como nacional.
No que se refire aos internacionais, son imprescidibles o Web of Science con JCR de ISI e Scopus con Scimago Journal Ranking de Elsevier. Pese ao seu enfrontamento por ofrecer información de calidade sobre os índices das publicacións científicas, ámbolos dous ofrecen os mesmos recursos:
- Teñen información sobre a importancia das revistas.
- Elaboran factores de impacto, o FI de ISI e o Factor H.
- Elaboran os índices de citas.
- E posúen un buscador especializado en ciencias, ISI traballa con Scientific WebPlus e Scopus ten Scirus.
No caso da importancia das revistas españolas, as páxinas web están divididas por disciplinas, o que facilita a súa busca.
Ofrécese un apartado de Información complementaria que ademais da definición de Factor de Impacto e Índice H mostra varios exemplos de como buscalos.
Pódese atopar máis información na web da UDC na Vicerreitoría de Investigación ou en blogs como As corredoiras da ciencia.

No hay comentarios: