lunes, 17 de noviembre de 2008

NOVO RECURSO EN PROBA: REFAWARE

Ata o 15 de decembro teremos acceso a RefAware, unha ferramenta de difusión selectiva de información para os membros da comunidade universitaria e científica, permite acceder ás últimas novidades dentro do seu ámbito de coñecemento e investigación. Ofrece unha solución única e multidisciplinar que se integra con xestores de enlaces OpenURL (SFX, etc.) e co xestoor bibliográfico Refworks. Pode ser personalizado coas necesidades específica dos seus usuarios.

Entre as características máis destacables atopamos:
Fai constantes actualizacións na Web das súas procuras a través das fontes dispoñibles.
Dispón dun sistema de alerta de correo electrónico para recibir automáticamente as actualizacións de información.
Unha vez recibida a información o usuario pode exportala ao seu xestor de referencias bibliográficas: RefWorks, EndNote, Reference Manager, etc.
Cubre de máis de 8000 "peer-reviewed journals" e outras fontes de información.
Emprega RSS para ofrecer en cada busca os resultados das revistas científicas con maior factor de impacto de cada disciplina.
Cada usuario pode crear ata 20 buscas por autores, palabras chave ou por títulos de revistas dentro do ámbito da súa investigación.

No hay comentarios: