Ese é o título dun artigo que pubrica hoxe o diario El País sobre as iniciativas culturais do Open Access no mundo dos libros.
Moitas cousa teñen pasado dende que a Public Library of Science fixera púbrica, no 2001, a súa iniciativa pola apertura da información científica na rede, ata que cheguemos a situacións nas que se pon en crítica o modelo social e económico, como no monográfico de Minerva adicado ao Coñocemento Libre. Ainda que xa a PLOS propoñía no 2001 o boicot ás revistas que non deixaran pubricar en acceso aberto os artigos, pasados seis meses da súa publicación en revista de pago.
Entre as cousas que pasaron ten sucedido que a Universidade da Coruña firmou a Declaración de Berlín sobre o libre acceso ao coñocemento nas ciencias.
A noticia do diario é ben importante para os libros galegos, temos xa unha editora que aposta polo movimento "copyleft". Esperemos que cunda este tipo de novidades; pero unha cousa non quita a outra, tamén fala El País noutro artigo dos mil millóns de descargas legais de música nos EEUU.
No hay comentarios:
Publicar un comentario