Na Biblioteca de Ciencias da Educación, poderá vistarse a partir do venres 6 de novembro e ata o día 18 de decembro unha exposición de mail art titulada “Radiografía do medo”. Trátase dunha mostra internacional que reúne obras de 137 artistas que plasman a súa visión persoal do medo, empregando diferentes técnicas. Ademáis de creadores e creadoras nacionais, participan artistas de distintos países. Trátase dunha exposición itinerante que se exhibirá noutros espazos. Paralelamente haberá outras actividades, entre elas un ciclo de cine sobre o medo.
Podedes ver variada bibliografía sobre o tema, webs de interese e outros recursos relacionados no wiki da Biblioteca de Ciencias da Educación.
Podedes ver variada bibliografía sobre o tema, webs de interese e outros recursos relacionados no wiki da Biblioteca de Ciencias da Educación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario