viernes, 13 de noviembre de 2009

RANKINGS DE UNIVERSIDADES


Dende a saída dun polémico artigo sobre a importancia das universidades españolas; e as diversas xuntanzas sobre ornamentos universitarios en Galicia ábrense bastantes incógnitas. A máis importante é a da categoría das nosas institucións superiores; importancia que estase a medir con diversas escalas.
En 2003 comenzou a sair o chamado Academic Ranking of World Universities, e a partir de entón aparecen distintas listaxes; alguha delas moi curiosa, coma a feita pola Ecole des Mines de Paris, donde das 500 institucións mundiais aparece a propia Escola no posto 18; outra listaxe, importante, é a do suplemento educativo do The Times.
Por todo esto, a Comisión Europea está a establecer unha listaxe europea. Mentras, en España, o grupo Scimago, da Universidade de Granada, ten feito o xerador de rankings RI3, que permite a elaboración de clasificacións de institucións iberoamericanas de investigación.

No hay comentarios: