Setembro, ademais de marcar o inicio da actividade docente, é un mes no que o cine está moi presente. Nel se celebran os festivais de cine de Venecia, Toronto e San Sebastián.
A Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Comunicación inicia o curso 2010-2011 cunha mostra, na que recompila os filmes premiados (e editados en DVD) nos Festivais de Venecia e San Sebastián entre os anos 2004 e 2009.
San Sebastián e Venecia, non son só cidades de cine pola celebración de cadanseu festival. O cine forma parte delas e, moitas veces, elas convértense en protagonistas. Algunhas cidades, como Venecia e San Sebastián, constitúen o mellor decorado que poida imaxinarse e a súa presenza chega a adquirir tanta forza que as converte nunha personaxe máis das historias que se narran.
Por iso, na Biblioteca, poderase ver, ademais, unha recompilación de filmes rodados ou ambientados en San Sebastián e Venecia, así coma unha pequena mostra bibliográfica sobre outras cidades de cine.
A Mostra estará exposta durante todo o mes de setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario