viernes, 19 de noviembre de 2010

CURSOS DE FORMACION DE USUARIOS


Achégate á información!
O Grupo de Traballo de Formación de Usuarios do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña organiza uns cursos os días 1, 2 e 3 de decembro nos Campus de A Coruña e de Ferrol destinado aos usuarios da biblioteca.
O obxetivo principal de ditas xornadas é a adquisición de competencias no uso dos recursos que dispón a nosa biblioteca universitaria.
Impartirase polo persoal das distintas bibliotecas en modalidade semipresencial, cunha duración de 10 horas, 6 presencias e 4 horas on-line a través da plataforma Moodle do Campus Virtual. Realizarase na Coruña en quendas de mañá ou de tarde, dúas horas cada día das 11.00 ás 13.00 e das 18.00 ás 20.00; para Ferrol teremos unha quenda de tarde dás 16.00 ás 18.00. Si a demanda é moita faranse outras quendas nos días 8 e 9 de decembro.
Os asistentes recibirán un certificado co recoñecemento dun crédito de libre configuración.
Podedes atopar o formulario de inscripción na páxina web do Servizo de Biblioteca da UDC.
Para máis información non dudedes en chamar á Sección de Información e Referencia ós seguintes teléfonos de contacto: 981 167 000, nas extensións 5663 (edición A Coruña) e 3602 (edición Ferrol).
Animádevos¡

No hay comentarios: