viernes, 5 de noviembre de 2010

Factor de Impacto


O investigador desexa que o seu traballo sexa publicado en revistas u noutros medios que lles proporcione a máxima difusión e visibilidade. A súa consecución constitúe mérito nos procesos de avaliación polas axencias nacionais xa sexa para obter a necesaria acreditación cara ó acceso á carreira docente na universidade, para recoñecemento de sexenios, ou avalar proxectos de investigación.

Dende que E. Garfield ideou o índice de impacto empregado para as revistas da WOK, vense sucedendo diversas fórmulas -índice de inmediatez, índice h, cuartil,etc…- que que se foron adaptando á dinámica de publicación científica dos países ou determinadas áreas temáticas. É o caso de iniciativas nacionais, coma IN-RECS, IN-REJS, -que acaban de publicar os índices de impacto do ano 2009- DICE, RESH,MIAR, AGAUR, Scimago Journal, na súa maioría volcadas na análise das revistas españolas de Ciencias Sociales, Humanísticas e Xurídicas; ou internacionais coma LATINDEX ou ERIH, de ámbito xeográfico iberoamericano e europeo respectivamente.

A todos estos índices podedes acceder para a súa consulta a través da nosa páxinarecentemente actualizada. No blogroll atoparedes algunha dirección de indicadores bibliométricos como o do Grupo EC3.

E de sumo interese, o curso de acceso aberto impartido na plataforma virtual docente da Universidade Complutense de Madrid.

No hay comentarios: