martes, 7 de diciembre de 2010

INVESTIGACION EN GALICIA


O sábado 27 de novembro nos espertábamos coa noticia de que o Ministerio de Ciencia e Innovación non gastaba un tercio do seu orzamento. Pero esa tarde tamén puidemos escoitar os distintos puntos de vista dos investigadores en Galicia nunha xornada organizada pola Asociación de Becarios da Fundación Barrié. A investigación, e tamén a innovación son axentes claves para a xestión da crisis; e ainda que os investigadores non pensan resolver os seus problemas cos recursos da universidade e da biblioteca; nos creemos que podemos e debemos axudalos no que se poida.
Na xornada falouse tamén da importancia de potenciar a vocación dende a mais temprana idade; o que compre recordar hoxe, cado o novo Informe Pisa nos fala de certa recuperación dos resultados educativos en España.

No hay comentarios: