
O día 12 de maio vaise celebrar en Santiago de Compostela unha xornada sobre a Universidade 2.0, co título
"En busca de la innovación educativa". Nela participan as tres universidades galegas e tamén as suas bibliotecas; o noso Grupo de Traballo de Formación de Usuarios vai impartir un taller sobre o uso da plataforma
Moodle para a alfabetización informacional nas bibliotecas. Para asisitir a este taller contamos na biblioteca con invitacións, polo que pensamos que a participación do persoal da BUDC será boa. No encontro traballaráse cos distintos aspectos da nova web 2.0 no ámbito do ensino e da aprendizaxe, dende os contidos dixitais ata as diversas plataformas, cun especial interés nos materiais culturais, as bibliotecas e os dereitos de autor. Dende a Universidade de Sevilla virá a
Nieves González, cuxo blog é moi recomendable; e de Vigo estará
Daniel Martí, experto nas redes sociais; entre outros moitos especialistas
No hay comentarios:
Publicar un comentario