miércoles, 18 de mayo de 2011

LOIS PEREIRO


Este ano o Dia das Letras Galegas está adicado a Lois Pereiro , poeta de culto de obra mínima. Lois naceu en Monforte no ano 1958 e comezou a sua obra na revista Loia, na que publicou poemas que posteriormente serían recollidos no libro Poemas para unha loia (1996).
A súa obra apreceu espallada en antoloxías colectivas, xunto a autores como Manolo Rivas, Xavier Seoane e outros poetas de moi diferentes tendencias; este grupo heteroxéneo destaca polo sostimento da revista Luzes de Galiza
Pereiro só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía de amor e enfermidade (1995), duros poemarios; a morte chegoulle na cidade da Coruña en 1996.
Na Biblioteca Virtual Galega da UDC temos á nosa disposición un especial sobre a sua obra.
Destacamos alguns poemas, como "En doce versos falsos" , "Dyn-Amo e Steve Dwoskin ós trinta anos" ou The flowers of friendship faded. Friendship faded.
Tamén temos unha entrevista e mesmo unha canción de Radio Océano
coa letra dun poema de Lois

1 comentario:

Anónimo dijo...

Es Lois, no Lios