jueves, 22 de marzo de 2012

Cambios na web da Biblioteca da UDC


A páxina web da Biblioteca da nosa institución está a cambiar nestes días. Desde a Sección de Información e Referencia imos apuntando todas as suxestións de modificacións e melloras que nos envían os alumnos e os profesores despois de realizar os cursos de formación de usuarios, para ilas incorporando pouco a pouco á web.

Desde este blog queremos facer tamén un chamamento ás bibliotecas dos centros para que nos envíen as súas ideas de como poderiamos mellorar a web, sobre todo no referido ao apartado de "recursos por materias", porque ninguén coñece as fontes de información especializadas mellor que @s bibliotecari@s destes centros. Que fagades este pequeno esforzo complementaría á perfección o realizado polos alumnos e profesores, e faría máis atractiva a páxina, o que axudaría a que fose máis utilizada e se aproveitasen moito mellor todos os recursos contratados. Algunha das bibliotecas xa nos mandou as súas propostas, animádevos as demáis a participar!

No hay comentarios: