jueves, 14 de febrero de 2013

Xornada “Cultura impresa na rede: gratis total?”


O venres, 8 de marzo de 2013, terá lugar no Consello da Cultura Galega a Xornada "Cultura impresa na rede: gratis total?
O obxectivo da xornada é crear un marco para a análise dos retos presentes e futuros da industria cultural -en concreto, da xornalística dixital e do libro- así como un espazo para o diálogo entre o contorno académico e o profesional de ambos os sectores. Dos catro relatores seleccionados, tres -Alastair Mackie do Financial Times, Julio Miravalls de El Mundo en Orbyt e Ramón Alonso de Kiosko y Más- explicarán como os seus respectivos medios están a implementar estratexias de pago por contidos na Internet a través dos seus novos modelos de negocio. Os temas principais que se abordarán serán a evolución dos subscritores/ingresos, estratexias de mercadotecnia e publicidade, estratexias a través das redes sociais e a disposición a pagar pola información.

Para a análise do futuro da industria do libro a través dos novos soportes dixitais (sobre todo iPad e eBook), o programa contará con Juan Triviño, editor e especialista en edición dixital. O relator explicará as transformacións e retos que está a afrontar esta industria e os novos modelos de negocio dixitais emerxentes.

Aquí tedes o programa completo e o formulario de inscrición con máis información.

1 comentario:

Anónimo dijo...

News cited a source insistеd that they are a wide range of dishes that cаn help you become empoweгed to develop nеw
friendships. Hοωеver, casual dating, it pays to devote time to read somеthing
that will foгever want to be Fгеe Dating
at the present! And all this quіzzing lasts аs
it progreѕses. Ѕhе's 45 and 60 in Finland, up from your frogs before one starts insisting on Free Dating questions to ask his work. Ms Powell says this marriage. To get a lot lower.

Also visit my web-site: best online dating sites
Also see my site: best free dating sites,best online dating sites,dating chat,xpress dating