Como xa comentamos neste blog algunha vez, unha das misións da Universidade da
Coruña é a formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida,
democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas,
formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben
común.
Desde a Biblioteca queremos impulsar esta misión promocionando a lectura recomendándovos que, se podedes, leades durante todo o ano, e se non, aproveitedes o periodo de vacacións para ler. No Facebook da Sección de Información e Coordinación darémosvos algunha idea; e en páxinas de revistas sobre libros (por exemplo, Qué Leer) e blogs de literatura (como Elemental e Papeles Perdidos do diario El País) atoparedes diversas suxestións; tamén podedes buscar algún libro concreto no catálogo da Biblioteca da UDC, ou botar unha ollada nas seccións BIC (Biblioteca de Interés Cultural) das bibliotecas dos centros, nelas descubriredes lecturas para todos os gustos, como novelas, ensaios, guías de viaxe, cómics, etc.
Se vos decantades pola opción de coller algún libro prestado na UDC, sabede que os libros das seccións BIC préstanse por un mes a todas as persoas usuarias. Pero se os documentos non pertencen ás ditas seccións, non vos preocupedes porque o estudantado de grao e das antigas diplomaturas, licenciaturas e enxeñarías, o estudantado senior e o PAS, teredes un periodo de préstamo de 21 días ata o 6 de setembro, en lugar dos 10 días habituais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario