Según o documento “Aspectos éticos en las publicaciones científicas”, de Rafael Bravo Toledo, dentro do fraude científico atopamos:
- As invencións, nas que os autores inventan todos ou parte dos datos dunha investigación.
- Datos falsificados e manipulados para obter un resultado favorable á hipótese do estudo.
- Plaxio, que consiste na apropiación de ideas ou frases doutros traballos, presentándose como unha creación orixinal e sen citar a fonte.
Tamén explican no citado documento que a ética inclúe os dereitos dos autores: estes teñen
dereito á que a avaliación dos seus orixinais por parte dos editores sexa xusta
e imparcial, que a revisión se faga nun tempo razoable, e a ser tratados con
corrección e respecto na correspondencia coa revista. Os cambios solicitados
antes da publicación deben ser explícitos e claramente xustificados. E durante
o proceso editorial débese manter o segredo e a inalterabilidade do orixinal.
Para coñecer máis sobre a ética científica e plaxios, podes
consultar a web da Biblioteca da UDC: http://www.udc.es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/plaxios.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario