As institucións oficiais e o persoal das bibliotecas están a
asumir o novo papel de axudar aos investigadores nun mundo complexo e
cambiante. A nivel internacional estase a traballar con sistemas denominados
CRIS. Un CRIS
(Current Research Information System – Sistema de Información de Investigación
Actual) é unha base de datos ou outro sistema de información que almacena datos
de investigación actual de organizacións e científicos.
En Europa temos o EuroCRIS,
a organización europea para información sobre investigación internacional.
Entre algúns exemplos de difusión e apoio á produción
científica en universidades españolas, temos a Universidade Pompeu Fabra que conta
cun repositorio institucional (e-Repositorio) e un Portal de Producción
Científica (PPC); difunde recomendacións sobre a normalización do nome e
filiación dos autores, e tamén difunde os índices para valorar revistas
científicas e mellorar o curriculum vitae profesional, entre outras cousas.
Na Universidade de Oviedo
contan cunha plataforma informática para interactuar coa Memoria de
investigación da institución, o seu repositorio e a elaboración dos currículos
normalizados dos investigadores.
Para a avaliación dos investigadores existen ferramentas como
Scival,
de Scopus, que é de pago; ou Biomed
Experts, no ámbito da medicina, gratuíta.
En canto á Biblioteca da Universidade da Coruña, contamos co repositorio institucional RUC e cun apartado na nosa web que se chama Apoio á investigación, no que abordamos temas como o da propiedade intelectual e dereitos de autor, damos información de como publicar, difundir as publicacións e editar unha revista científica, da publicación científica e a súa avaliación, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario