viernes, 20 de diciembre de 2013

Horizonte 2020: datos abertos de investigación e acceso aberto


Horizonte 2020 é o programa marco de investigación e innovación da Unión Europea. No período 2014-2020, e mediante a implantación de tres piares, contribuirá a abordar os principais retos sociais, promover o liderado industrial en Europa e reforzar a excelencia da súa base científica.

Como informan no blog de Gredos da Universidade de Salamanca, tras a adopción deste programa, lanzouse o Piloto de datos abertos de investigación en Horizonte 2020, que pretende mellorar e maximizar o acceso e a reutilización dos datos de investigación xerados polos proxectos, en beneficio da sociedade e a economía.

Pediuse aos investigadores dos proxectos participantes no programa piloto que fagan que todos os datos subxacentes necesarios para validar os resultados presentados en publicacións científicas, e outras información científicas, estean dispoñibles para ser usados por outros investigadores, industrias e cidadáns.

Ademais dos datos de investigación e os datos subxacentes, tamén son obxectivo do programa os datos indicados polos investigadores en Data Management Plans (DMPs). DMPs é un elemento que describe a xestión do ciclo de vida de todos os datos que sexan recolectados, procesados ou xerados polo proxecto de investigación. Todos os proxectos en Horizonte 2020 serán invitados a desenvolver un DMP, de forma voluntaria, se é relevante para a súa investigación.

Destacamos que todas as publicacións científicas resultantes dos proxectos financiados por Horizonte 2020 serán de acceso aberto obrigado: os artigos deberán estar accesibles nun repositorio de acceso aberto non máis tarde dos 6 meses seguintes á súa publicación (12 meses para artigos de ciencias sociais e humanidades).

Máis información:

No hay comentarios: