martes, 8 de julio de 2014

Os recursos de información na Biblioteca da UDC, parte 5: os recursos electrónicos por áreas



Rematado o repaso aos recursos de pago, pasamos a falar agora dos recursos gratuítos integrados por webs de apoio á aprendizaxe e á investigación, materiais de interese para todas as disciplinas e para materias concretas, todos eles dirixidos ao estudantado e ao persoal docente e investigador.


- Recursos de información por áreas, guías por categorías (de recursos electrónicos e de ferramentas como RefWorks, etc.) e outros catálogos.
- Servizos de apoio con información sobre técnicas de estudo, guías para elaborar e presentar un traballo académico, ligazóns sobre formación, bolsas, currículo e emprego.


- Recursos de información por áreas, guías por categorías (de recursos electrónicos e de ferramentas como RefWorks, etc.) e outros catálogos.
- Servizos de apoio con información sobre propiedade intelectual e dereitos de autor, como publicar, como difundir as publicacións, a publicación científica e a súa avaliación, como editar unha revista científica, sesións formativas, …

  • Recursos xerais contén: ligazóns a mapas; bibliotecas virtuais; boletíns oficiais; buscadores; congresos; directorios e catálogos de bibliotecas; enciclopedias, dicionarios e tradutores; normas; patentes e marcas; prensa; e teses de doutoramento.
  • Recursos por materias contén: webs multidisciplinares e das ramas de artes e humanidades, ciencias, ciencias da saúde, ciencias sociais e xurídicas, e enxeñaría e arquitectura.

No hay comentarios: