martes, 11 de noviembre de 2014

O PERSOAL DA BIBLIOTECA DA UDC



En posts anteriores analizamos os recursos de información na Biblioteca da UDC e os seus distintos tipos. Neste, centrarémonos no seu persoal, que facilita a conexión entre eses recursos e o usuario -fin último de toda biblioteca e os seus servizos-. 


A crise económica de 2008 traduciuse na Unión Europea na apertura de varios procedementos de déficit excesivo a países do sur de Europa, obrigándoos a unha serie de reformas estruturais e axustes fiscais enmarcados na política europea de austeridade. Estes axustes derivaron en recortes na prestación de servizos públicos: peches de establecementos, conxelacións de soldos e das taxas de reposición de efectivos. Na universidade española e nos organismos públicos de investigación reducíronse presupostos en I+D+i, en paralelo coas partidas estatais dedicadas a estes fins (a de 2013, un 33% menor que a de 2009).

No Servizo de Biblioteca da UDC, a conxelación da taxa de reposición apenas tivo efectos, ao ser os seus postos de traballo, como a mesma Universidade, de nova creación, e non contar con moito persoal de idade próxima á de xubilación.

A BUDC dispón de 102 postos de traballo de persoal bibliotecario, fronte aos 193 de Santiago e os 101 de Vigo. Na seguinte táboa pódese ver a evolución ao longo dos anos 2008-2012, na que cabe apuntar que a diminución de persoal no Sistema Universitario de Galicia (SUG) produciuse sobre todo na Biblioteca da Universidade de Santiago, a máis afectada pola conxelación da taxa de reposición de efectivos e o alto número de xubilacións.
  Fonte: Red de Bibliotecas Universitarias Españolas (REBIUN)

 

No hay comentarios: