martes, 9 de diciembre de 2014

O RUC, REPOSITORIO DA UDC


O RUC é o repositorio institucional da Universidade da Coruña. Como di a súa páxina web, “recolle, difunde e preserva as publicacións dixitais en acceso aberto produto da actividade científica e institucional da UDC”. DSpace é o software de código aberto do MIT e HP empregado para construi-la plataforma, de aí o seu nome anterior, UDCDSpace. Naceu hai case 10 años como resultado do proxecto innovador de tres bibliotecarios e un informático da UDC financiado por un programa de mellora da calidade dos servicios da UDC. Foi un dous primeiros repositorios españois, o que se reflicte na riqueza das súas coleccións, o desenvolvemento técnico da plataforma e a colaboración e concienciación académica xeralizada -case tódolos traballos de investigación da UDC se publican no RUC- . Dende un principio, aliñouse coas iniciativas e declaracións internacionais e as políticas de acceso aberto das diversas administracións (UE, Universidade, Estado, Xunta).

Un repositorio é un depósito, e almacena documentos e máilos arquivos de metadatos que os describen e permiten atopalos (coma unha ficha dun catálogo describe un libro); estes arquivos son recolectados grazas a un protocolo que garante a interoperabilidade, o Open Archives Initiative Protocol for Metadata Harvesting (OAI-PMH), en recolectores de ámbito nacional o supranacional (en España temos  Recolecta, do Fecyt e Rebiun, Hispana, do Ministerio de Cultura; Europeana e a  DLPA a nivel internacional). Consecuencia da interoperabilide básica do protocolo é á visibilidade dos contidos dos repositorios. Así, calquera documento do RUC pode ser atopado e lido non só a través do RUC se non, e principalmente, desde calquera recolector e dende Google Académico.

O RUC organizase en comunidades e coleccións; en principio, pode decirse que as comunidades correspóndense con Departamentos da UDC e a súa producción científica; e as coleccións, cos distintos tipos de traballos científicos: teses, traballos de fin de grado, revistas, recursos educativos. A estrutura real do RUC é máis complexa, mellor adaptada a variedade da producción científica da universidade. Hai comunidades, subcomunidades y coleccións dentro das 7 áreas nas que se divide:
  1. Investigación
  2. Revistas UDC
  3. Congresos, cursos UDC 
  4. Coleccións especiais 
  5. Traballos académicos
  6. Docencia
A parte, ofrece servizos de guía e FAQs en materia de copyright, deposito de documentos polos propios autores, “Mi RUC” e servizo de alertas.

No hay comentarios: