Rematabamos a primeira das entradas dedicadas a Fiador dicindo que a súas guías compoñense fundamentalmente de recursos; destes trataremos neste post.
Os recursos
poden localizarse dentro das guías, en listaxes alfabéticas; nos buscadores de
recursos, situados na parte superior dereita da interface de Fiador; ou no sitio web da BUDC. A relevancia desta funcionalidade
de procura explica que BUGalicia defina Fiador como “unha ferramenta de localización de recursos electrónicos das bibliotecas
que compoñen o Sistema Universitario de Galicia”. As guías permiten a
clasificación dos recursos por ámbito, materia ou tema.
![]() |
Páxina de recursos, listaxe A/Z, búsqueda por tipo, materia... |
Cada recurso
vai acompañado dunha breve descrición e dunhas iconas á súa esquerda que
indican o tipo de recurso, modo de acceso, existencia de tutoriales, etc. O
significado destas iconas aparece nun cadro de menú abaixo á dereita.
![]() | ||
Descrición de recursos nuhna guía |
![]() |
Significado das iconas |

E a incorporación dun formulario para “Buscar no catálogo” fai de Fiador un localizador de tódolos recursos (electrónicos e impresos) da Biblioteca da UDC.
Fiador tamén contén unha listaxe de Preguntas Máis Frecuentes (FAQ).
Por último, en cada guía figuran os bibliotecarios especializados na materia cos seus datos de contacto e un apartado para o envío de consultas e suxestións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario